ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.590
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.660

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.13

  • Título BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA

  • Data(s) 1883-1984 (Creación) 1883-00-00 - 1984-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 5 unidades de instalación con 347 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa práctica totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vigo. Banda Municipal de Música(1883-1993) O antecedente da Banda Musical de Vigo encontrámolo na Banda do Hospicio, que desenvolverá a súa actividade entre xaneiro de 1878 e comezos do ano 1883. A súa desaparición supón a posta en marcha dunha nova agrupación, impulsada polo propio alcalde de Vigo, Jacobo Domínguez Iglesias, aínda que non terá carácter municipal até o ano 1898. En abril de 1883 créase unha comisión directiva, composta por Belarmino Landrove Mariño, José María Vázquez, Agustín Barros e Enríquez Paz, nomeado este último director da banda. En maio de 1883 o colectivo xa estaba plenamente constituído. En 1888 será nomeado director da Banda José Borrero Pérez, e a partir da municipalización da mesma estiveron ao ao seu cargo, como directores, Juan Serrano, Marcial Rodríguez Mariño, Wenceslao Menegón Miranda, Mónico García de la Parra y Tellez entre outros. Este último será nomeado en 1912 dentro do proceso de reorganización da Banda de Música, dando inicio a unha etapa de éxito musical e creativo. O declive da agrupación iniciarase en 1958, coincidindo coa partida do antedito, desaparecendo definitivamente a Banda Municipal de Música no ano 1993.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

  • Forma do ingreso Por transferencia tras a disolución da Banda

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo da Banda Municipal de Música comprende a documentación xerada durante o período temporal na que esta estivo en activo: inicialmente como unha entidade independente e posteriormente como agrupación cultural integrada nas estruturas municipais. Así, podemos encontrar documentación relacionada coa xestión directiva, como os expedientes de creación ou organización da Banda de Música e as súas seccións, a aprobación de regulamentos, expedientes de carácter xurídico, informes, mocións e propostas etc. Dentro deste tipo de documentación podemos mencionar o “Expediente de organización da Banda de Música impulsada polo Alcalde Jacobo Domínguez Iglesias”, sendo a unidade documental máis antiga. Tamén podemos mencionar a existencia de documentación relacionada coa xestión patrimonial e a contratación de subministración que nos achegan información sobre os bens propiedade da Banda e a adquisición dos mesmos. Neste senso, podemos destacar o “Libro de Arquivo da Banda Municipal de Música (1953-1957)”, que contén unha relación de todas as partituras da agrupación clasificadas segundo o seu xénero, así como dos instrumentos e outros materiais propiedade da agrupación. Non obstante, a maior parte das unidades documentais derivan da xestión do persoal integrado na Banda, cunha importante presenza de expedientes de nomeamentos interinos e expedientes disciplinarios e sancionadores. Así mesmo, tamén podemos encontrar documentación relacionada cos procesos de selección os cadros e relacións de persoal ou expedientes de concesión de licenzas e permisos. Por outra parte, o fondo recolle documentación de carácter contable e financeira, como a solicitude de subvencións, orzamentos de subministracións, xustificantes de pagamento ou facturas. Finalmente, tamén podemos encontrar a documentación derivada das actuacións e concertos ofrecidos pola Banda de Música, como por exemplo os contratos asinados polo Director da Banda, as solicitudes de actuación e outra documentación. Ademais, e a pesar de non encontrarse depositada no Arquivo municipal, o Servizo de Festas ? Cultura, custodia as partituras da propia Banda de Música.

  • Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo dado a pequena dimensión do fondo e o seu carácter patrimonial e de conservación permanente.

  • Novos ingresos Non se esperan novos ingresos dado que se trata dun fondo pechado pertencente a unha institución desaparecida. Non obstante, coñécese a existencia doutra documentación referida a esta institución custodiada polo Servizo de Cultura, entre as que destacan as partituras da agrupación.

  • Organizació

    O fondo está organizado en seis series documentais:
    
    1.- Expedientes de goberno e administración (1883-1981)
    2.- Expedientes de patrimonio e contratación (1896-1962)
    3.- Expedientes de persoal (1899-1984)
    4.- Expedientes de xestión contable e financeira (1892-1961)
    5.- Expedientes de actuacións e concertos (1913-1980)
    6.- Partituras e música notada

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación patrimonial de libre acceso.

  • Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • Instrumentos de descrición Cadro de clasificación - inventario Índice - inventario Catálogo informatizado accesible a traves do portal Atopo: https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo municipal a excepción das partituras custodiadas polo Servizo de Cultura.

  • Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias

  • Unidades de descrición relacionadas Dado que a Banda de Música estivo na maior parte da súa existencia integrada nas estruturas municipais, pódese localizar documentación relacionada coa mesma no fondo do Concello de Vigo.

Área de notas

  • Nota Desde unha perspectiva teórica, esta agrupación documental non é un fondo en sentido estrito xa que a mesma deriva das actividades dun órgano municipal. Non obstante, durante o proceso de reorganización da documentación, esta agrupación mantívose segregada do fondo municipal por respecto á organización existente previamente e a cuestións de índole práctico.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vigo. Banda Municipal de Música (Tema) (Creador)

Área de control da descrición