Fondos
1. Expedientes xurídicos
-
12/36. Expediente xurídico relacionado coa herdanza de Manuel Gutiérrez del Castillo (1843)
-
12/37. Expediente xurídico relacionado cun roubo na casa de Catalina Macaya (1843)
-
12/38. Orde de detención contra Juan Rodiño por causa criminal e desaparición do mesmo (1843)
-
12/40. Expediente xurídico relacionado coa herdanza de Teresa Cabral (1857)
-
12/54. Fallo dun xuízo oral contra Josefa Mera Valverde por escándalo público (1901)
-
12/55. Recurso de alzada interposto por Julián Lago Cordero por denegación de veciñanza (1902)
Expedientes xurídicos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.2..2.5.1
Título Expedientes xurídicos
Data(s) 1843-1903 (Creación)
Volume e soporte 1 unidades de instalación con 22 expediente ou agrupación documental en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas. Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local. Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda. A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Bouzas (Tema)