ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Venda que fixeron Domingo de Vilar e Bertolo Pérez de Vilar a favor de Senorina Pérez, ante Álvaro do Porto (1560-1628)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..1.1.2.29/25

  • Título Venda que fixeron Domingo de Vilar e Bertolo Pérez de Vilar a favor de Senorina Pérez, ante Álvaro do Porto (1560-1628)

  • Data(s) 1560-1628 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 11 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido San Pedro de Sárdoma. Venda que fixeron Domingo de Vilar e Bertolo Pérez de Vilar, veciños da fregresía de Santa Cristina de Lavadores, a favor de Senorina Pérez da herdanza e coutada que se dí de Moledo, sita na fregresía de Sárdoma, ante Álvaro do Porto, escribán, o 14 de maio de 1560. Contén: escritura de venda que fixo Juan de Segade a favor de Luis Sarmiento de Valadares de todos os perfetos que fixo e adquiriu no lugar de Moledo, ante Domingo Fernández, o 15 de xaneiro de 1628. Inclúe: copia dun preito

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 34

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición