ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.799
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Liquidación do testamento de Milagros Elduayen Martínez Montenegro e partilla de Fernando Quiñones de León Elduayen (1901)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..1.1.7.50/11

  • Título Liquidación do testamento de Milagros Elduayen Martínez Montenegro e partilla de Fernando Quiñones de León Elduayen (1901)

  • Data(s) 1901-1901 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 138 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido "Testemuña dos haberes formados a Don Fernando Quiñones de León e de Francisco Martín, Marqués de Alcedo, na testamentaría da súa dona María dos Milagros Elduayen e Martínez Montenegro, Marquesa de Valadares, ante Ricardo de Rueda". Asinado en Madrid o 11 de xullo de 1901. Contén: > Certificado de defunción de María dos Milagros Elduayen Martínez. > "Primeira copia parcial da escritura de aprobación das operacións de testaría practicadas por falecemento do Excelentísimo Señor Don José Elduayen e Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé. > Hijuela do herdeiro Excelentísimo Señor Don Fernando Quiñones de León e Elduayen, Marqués de Valadares. Expedida en madrid a 11 de Xullo de 1901 por Don Darío Bugallal e Araújo". > Notas, cartas de pagamento e timbres

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 2

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición