ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Carta executoria a pedimento de Catalina Alonso de Pazos como curadora de María Sarmiento (1554)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..3.1.96/25

  • Título Carta executoria a pedimento de Catalina Alonso de Pazos como curadora de María Sarmiento (1554)

  • Data(s) 1525-1554 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 21 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Santa María de Mourente. Carta executoria a pedimento de Catalina Alonso de Pazos como curadora de María Sarmiento, contra Domingo de Ponte, o 13 de novembro de 1554. Contén: carta executoria de pedro Antonio Gayoso Lima, señor da casa de Aldán e os seus veciños contra Domingo de Alpeira e outros do lugar de Condesa, do ano 1525

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación afectada pola humidade

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 23

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición