ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Demanda feita por Agustín Lago Cordero en xuízo verbal civil contra Gregorio López Cabaleiro e Domingo Rodríguez Lago (1666-1928)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..3.1.111/5

  • Título Demanda feita por Agustín Lago Cordero en xuízo verbal civil contra Gregorio López Cabaleiro e Domingo Rodríguez Lago (1666-1928)

  • Data(s) 1666-1928 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 12 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Vigo. Demanda feita por Agustín Lago Cordero, no nome de Mariana Whyte, marquesa viúva de Mos e Valadares, en xuízo verbal civil contra Gregorio López Cabaleiro e Domingo Rodríguez Lago, para que, como levadores do foral da parte do lugar de Barcia de Entenza, paguen a mancomunada, a 6 de novembro de 1928. Contén: foro do lugar de Barcia de Entenza, do ano 1666

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: MOS 34

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)

Área de control da descrición