Fondos
134/24. Auto de emplazamento expedido pola Chancillería de Valladolid a instancia de Dionisio José Montenegro para notificar a demanda que este poñía aos seus irmáns maiores sobre a sucesión do Morgado (1788)
Auto de emplazamento expedido pola Chancillería de Valladolid a instancia de Dionisio José Montenegro para notificar a demanda que este poñía aos seus irmáns maiores sobre a sucesión do Morgado (1788)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.6..3.1.134/24
Título Auto de emplazamento expedido pola Chancillería de Valladolid a instancia de Dionisio José Montenegro para notificar a demanda que este poñía aos seus irmáns maiores sobre a sucesión do Morgado (1788)
Data(s) 1788-1788 (Creación)
Volume e soporte 1 cartafol. 3 follas
Área de contexto
Nome do produtor Marquesado de Mos(1685-Actualidade) O marquesado é un título nobiliario polo que se concede unha honra ou dignidade a certos individuos ou liñaxes por parte das monarcas. A súa posición xerárquica dentro dos títulos nobiliarios é superior á de conde pero inferior á de duque. Estes títulos nobiliarios son recoñecidos polo Rey e regulados polo Estado, sendo empregados como premio pola realización de grandes méritos ou vendas cando escaseaban os recursos económicos dos monarcas, especialmente nos séculos XVII e XVIII. O marquesado de Mos é un título nobiliario español creado o 14 de xullo de 1685 polo rei Carlos II de España a favor de Gabriel Sarmiento de Sotomayor y Pimentel. Creado polos servizos prestados ao Reino, recibe Grandeza de España en 1776 en cabeza de Benito Correa y Sarmiento. En 1810 únese o marquesado de Mos ao marquesado de Valadares, ao morrer este sen descendencia, e no ano de 1908 ao falecer o marqués de la Vega de Armijo y marqués de Mos, pasa por liña non agnática a súa única supervivente directa en España.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Auto de emplazamento expedido pola Chancillería de Valladolid a instancia de Dionisio José Montenegro para notificar a demanda que este poñía aos seus irmáns maiores, Antonio Miguel e Telmo, sobre a sucesión do Morgado. Firmado por Santiago Pardo, en Valladolid, o 12 de abril de 1788
Ãrea de notas
Nota Sinatura antiga: MOS 128
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Marquesado de Mos (Tema) (Creador)