Fondos
-
ES.GA.36031.AM.MONBAL.3. CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO (FUNCIONAL)
466/21. Expediente de escritura de compravenda dun edificio para Casa do Concello propiedade de Avelina Lines López (1935)
Expediente de escritura de compravenda dun edificio para Casa do Concello propiedade de Avelina Lines López (1935)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36031.AM.MONBAL.3.GF001.F0005.SF048.S0381.466/21
Título Expediente de escritura de compravenda dun edificio para Casa do Concello propiedade de Avelina Lines López (1935)
Data(s) 1935 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Mondariz-Balneario(1924-) O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes. Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño. O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.
Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Escritura de compravenda outorgada por Avelina Lines López (viúva de Enrique Peinador) ao concello de Mondariz-Balneario dun edificio para casa do concello (2 de novembro de 1935).
Leira urbana: O hotel que se coñece co nome de "Iniciadora" antes da "Modista" por onde ten
a súa entrada e fachada principal coa estrada de Ponteareas a Mondariz.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz-Balneario (Tema) (Creador)