ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Expediente da renuncia de Pedro Abeleira coma administrador e creación dunha comisión para avaliar as contas da Capela da Nosa Señora do Castro (1823-1828)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.10..1.1/8

  • Título Expediente da renuncia de Pedro Abeleira coma administrador e creación dunha comisión para avaliar as contas da Capela da Nosa Señora do Castro (1823-1828)

  • Data(s) 1823-1828 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 16 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente da renuncia de Pedro Abeleira coma administrador e creación dunha comisión para avaliar as contas da Capela da Nosa Señora do Castro. Contén: > Instancia de Pedro Abeleira solicitando a exoneración do cargo de Administrador; > Conta de cargo e data que deu Pedro Abeleira aos señores capitulares do Concello, comisionados para esixir contas das obras pías de que que patrón; dos caudais que obran no seu poder pertencentes á extinguida Capela da Nosa Señora do Castro a 7 de novembro de 1823; > Duplicado da relación de debedores producidos ao Concello en 27 de xullo de 1816 para que decretasen a súa cobranza das partidas diversas que se estaban debendo á Capela da Nosa Señora do Castro procedentes de censos vencidos e das que por disposición dos señores capitulares do mesmo Concello que naquel momento eran entregadas en calidade de reintegro á que se agrega na presente as partidas dos sete anos que teñen intermediado até a data presente; > Extracto de acordo da Corporación nomeando a José María Villavicencio, rexedor, Antonio Hernández, deputado de abastos, e Francisco Julián Pérez, procurador síndico xeral, xunto co Administrador do Hospital de Caridade e Santuario da Nosa Señora do Castro Francisco Filgueira para revisar as contas da Obra Pía; > Extracto de acordo da Corporación nomeando unha nova comisión formada por Joaquín Rodríguez de Soto, rexedor, Juan Viñas, rexedor, e o procurador síndico xeral; > Conta de cargo e data que deu Juan de Viñas García, como apoderado xeral da viúva e fillos do defunto Pedro Abeleira dos caudais entrados en poder deste e do satisfeito por libramentos despois da última providencia de 7 de novembro de 1823 de que fixo mérito no seu oficio de 28 de abril de 1826; > Outra documentación: certificacións, extractos de acordos, notificacións etc. Anos: 1823-1828.

Área de notas

  • Nota Sinatura antiga: COL 12

Puntos de acceso

Área de control da descrición