Fondos
ES.GA.36057.AP.1. PRÓSPERI-OTERO
PRÓSPERI-OTERO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AP.1
Título PRÓSPERI-OTERO
Data(s) 1870-1906 (Creación)
Volume e soporte Volume: Número non determinado de fotografías. Soportes: Placas de vidro na súa maior parte. Formatos: Sen determinar.
Área de contexto
Nome do produtor Filippo Prosperi() italiano, casado con Cándida Otero, Asociouse en 1906 co portugués Jaime de Sousa Guedes Pacheco
Institución arquivística Arquivo Fotográfico Pacheco
Historia arquivística O fondo foi xestionado polos herdeiros de Jaime Pacheco ata a compra por parte do Concello de Vigo.
Forma do ingreso O fondo pasou as mans do Concello de Vigo por compra aos seus herdeiros en maio de 1991
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O fondo Prósperi-Otero componse dun número non determinado de fotografías ao estar mesturado co fondo Pacheco. Constitúe a parte máis antiga do Arquivo Pacheco pois están datadas aproximadamente entre 1870 e 1906. O soporte máis característico é o vidro, os formatos, pola súa parte, son moi variados. Os temas máis representativos son os retratos e as vistas da cidade, sobre todo os areais do Berbés, a actividade mariñeira, as obras do ensanche, as casas de baño, os barrios ao redor da igrexa de San Francisco...
Valoración, selección e eliminación Non se levou a cabo ningunha operación sistemática de avaliación e expurgo.
Novos ingresos Non se prevén ingresos adicionais ao fondo.
Organizació
Dende a compra por parte do Concello de Vigo no ano 1991 dos fondos do Arquivo Pacheco, o tratamento da documentación pasou por diferentes fases. Durante este tempo fíxose un catálogo composto por cerca de 60.000 fotografías, que se atopa nunha base de datos Filemaker, das cales só unha mínima parte pode asegurarse que pertencen ao fondo Prósperi-Otero. O fondo reorganizouse, dotándoo dunha localización axeitada nun depósito acondicionado para tal fin na Casa das Artes de Vigo. Ademais de procurarlle un sistema de xestión documental co correspondente cadro de clasificación e unha estrutura descritiva adecuada, recollida nunha base de datos axustada á Norma Internacional de Descrición Arquivística ISAD(G) chamada ICA-AToM, un software libre auspiciado polo Consello Internacional de Arquivos.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso O acceso é libre só as imaxes dixitalizadas.
Condicións de reprodución O Concello de Vigo posúe os dereitos de explotación das fotografías. As condicións de reprodución serán regulamentadas por este organismo.
Instrumentos de descrición Hai un catálogo de fotografías que se pasou da anterior base de datos Filemaker ao novo software ICA -AToM.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais atópanse no Arquivo Fotográfico Pacheco ao que pertence o fondo Prósperi-Otero.
Existencia e localización de copias As fotografías dixitalizáronse para a súa consulta. Existen copias en soporte papel realizadas para exposicións ou para a súa publicación.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Filippo Prosperi (Tema) F. Prósperi y Señora (Tema) F. Prósperi y Señora (Tema) (Creador) (Creador)