ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.2.1

  • Título GOBERNO

  • Data(s) 1847 - 1953 (Creación) 1901 - (Produción) - 1953 (Produción)

  • Volume e soporte 12 unidades de instalación con 223 agrupacións documentais

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    A Sección 1 GOBERNO ten un desenvolvemento no caso do fondo do concello de Xeve, nas seguintes subdivisións:
    
    1.1 CONCELLO PLENO
    
    1.1.1 Expedientes de Sesións do Pleno
    1.1.1.3 Mocións presentadas en Plenos
    
    1.1.2 Rexistros de actas de sesións do Pleno
    1.1.2.1 Libros de actas de sesións do Pleno
    
    1.1.3. Expedientes de normas municipais
    1.1.3.1 Ordenanzas municipais
    1.1.3.5 Regulamentos municipais
    
    1.1.4 Expedientes de cargos do goberno
    1.1.4.1 Expedientes de cargos do goberno
    
    1.1.7 Expedientes de alteración e deslinde de termos municipais
    1.1.7.2 Expedientes de deslinde de termos municipais
    
    1.2 ALCALDE
    1.2.1 Disposicións
    1.2.1.3 Bandos
    1.2.1.6 Edictos
    
    1.2.3 Expedientes gobernativos
    1.2.3.1 Expedientes gobernativos*
    1.2.3.5 Expedientes de cédulas persoais
    1.2.3.15 Expedientes de sancións gobernativas
    
    1.2.5 Expedientes xudiciais
    1.2.5.5 Actas de causas civís
    
    1.2.9 Correspondencia, certificacións e informes da alcaldía
    1.2.9.3 Correspondencia da Alcaldía
    
    1.3 COMISIÓNS DE GOBERNO
    1.3.1 Expedientes de sesións das Comisións de goberno
    1.3.1.2 Expedientes de sesións da Comisión Permanente
    
    1.3.2 Rexistros de actas de sesións das Comisións de goberno
    1.3.2.2 Libro de actas de sesións da Comisión Permanente
    
    1.4 COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS
    1.4.1 Expedientes de sesións das Comisións informativas e especiais

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición