ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Fondos

Libro de actas de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0001.SF003.S0020

  • Título Libro de actas de sesións do Pleno

  • Data(s) 1832 - 2017 (Creación) 1846 - (Produción) - 1846 (Produción)

  • Volume e soporte 195 libros de actas. Soporte papel, entre os anos 1834 e 2004 tamén en soporte electrónico.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde .

    Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.

  • Valoración, selección e eliminación Conservación permanente Táboa 008 Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017 DOG núm. 23, do 1 de febreiro de 2018

  • Organizació

    F0001  Función
    SF003  Subfunción
    S0020  Serie

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre acceso Táboa 008 Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017 DOG núm. 23, do 1 de febreiro de 2018

  • Condicións de reprodución Publicadas en https://atopo.depo.gal/

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais No Museo de Pontevedra consérvase, xunto con outra documentación municipal, o Libro de actas do concello de Pontevedra (1833) (ES.GA.36038.AMUPO.10.-4.2.1.-10/9/13) neste caso no Fondo Documental José Casal y Lois. O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra conserva, por depósito en 1936, un importante conxunto documental producido polo concello de Pontevedra, entre o que destacan as actas municipais

  • Existencia e localización de copias Os libros de actas foron no seu día dixitalizados en tres etapas e o resultado se asocia á descrición do seguinte xeito: *Libros de actas entre 1834 e 1901: as imaxes dixitalizadas en branco e negro, de menor calidade, van asociadas a cada libro. Disponse da descrición de cada unha das sesións e da posibilidade de acceder no propio arquivo ao PDF individualizado de cada sesión. *Libros entre 1902 e 1968, dixitalizadas en cor e asociadas a cada unha das sesións, de xeito individualizado *Libros entres 1969 e 2004 ,dixitalizadas en cor, en alta calidade, e asociadas a cada unha das sesións, de xeito individualizado

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición