Fondos
9.018/32. Solicitude de Alfonso Fernández Armesto de Acceso ao Arquivo municipal
Solicitude de Alfonso Fernández Armesto de Acceso ao Arquivo municipal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0002.SF019.S0200.9.018/32
Título Solicitude de Alfonso Fernández Armesto de Acceso ao Arquivo municipal
Data(s) 2011 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Redondela(1836-2024) O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela.
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Transferido dende Arquivo o 2021-08-04, transferencia nº 725/2021
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Alfonso Fernández Armesto Expediente de solicitude de acceso ó Arquivo e á información relativa ós libros de amillarmento do 1948 en Chapela. Ano 2011.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Redondela (Tema) (Creador)