ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

EUGENIO LUEIRO URTAZA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.42

  • Título EUGENIO LUEIRO URTAZA

  • Data(s) 1930-1998 (Produción)

  • Volume e soporte 186 imaxes dixitalizadas

Área de contexto

  • Nome do produtor Eugenio Lueiro Urtaza()

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión.

  • Forma do ingreso Dona Uxía Lueiro cede temporalmente o fondo do seu pai, Don Eugenio Lueiro Urtaza (cronista no Faro de Vigo, Diario de Pontevedra da vila de Redondela): 186 fotografías, 89 artigos periodísticos (do ano 1963 a 1966) do seu pai, 75 imaxes (Programa e fotografías da Festa da Coca do 1966, 1968, 1972), 100 artigos periodísticos (do ano 1963 a 1966) e 3 imaxes de correspondencia entre Eugenio Lueiro e Ramón Otero Pedrayo, que son dixitalizadas e devoltas coa firma dun consentimento informado onde o seu propietario cede os dereitos de difusión das mesmas, sempre sen ánimo de lucro.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente 6444/2019 de cesión temporal, dixitalización e difusión de 453 imaxes propiedade de Uxía Lueiro do fondo do seu pai, Eugenio Lueiro Urtaza, cronista da vila de Redondela.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres, salvo fins lucrativos.

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Eugenio Lueiro Urtaza"

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Imaxes dixitais en formato .TIFF ou .JPG escaneadas a 600 ppp. de resolución (ficheiro máster)

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Ana Gesteira Ponce, que as cedeu temporalmente para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición