Fondos
OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 003 e OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 004. Fotografía de actuación de maio na Praza da Constitución
Fotografía de actuación de maio na Praza da Constitución
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.10.OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 003 e OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 004
Título Fotografía de actuación de maio na Praza da Constitución
Data(s) 1968 (Creación)
Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Fotografía cedida temporalmente no 2018 por Olimpio Giráldez Lera para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía ó seu propietario.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido OLIMPIO GIRÁLDEZ 003 e 004. Expediente 4468/2018 Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio do 1968 do Maio "Maio a Ponte" na Praza de 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución). Ó redor dun maio con forma de viaducto de Redondela, un compoñente le as complas e o resto anda ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada. Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Mari Chelo (no público)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Aceso e reprodución libres, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade da Olimpio GIráldez Lera"
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Olimpio Giráldez Lera, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen.
Ãrea de notas
Nota Resolución:100: 1, 2