Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.1..GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1934 - (Produción) - 1935 (Produción)
Volume e soporte
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018 SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019 SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020 SF003 Libro de actas de sesións do Pleno
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre acceso
Ãrea de notas
Nota