ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.768
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Libro de actas de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.1..GF001.F0001.SF003.S0020

  • Título Libro de actas de sesións do Pleno

  • Data(s) 1578-1986 (Creación) 1934 - (Produción) - 1935 (Produción)

  • Volume e soporte 107 unidades de instalación con 282 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas polo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. De conformidade ao Decreto 24/2018, do 15 de febreiro, sobre os libros de actas e de resolucións das entidades locais galegas, se establece, no seu artigo terceiro, que os libros de actas en soporte electrónico estarán formados pola agregación cronolóxica e numerada correlativamente das correspondentes actas, abranguendo un ano natural. Dentro desta serie podemos encontrar algunhas tipoloxías documentais con certas especificidades: > Libros de actas anteriores ao período constitucional (1836) nos que se incluían outras tipoloxías documentais como autos de acordos, preitos, expedientes etc. > Índices de acordos do Pleno: libros nos que se transcribían os extractos dos acordos tomados no Pleno, organizados por sesións. Atinxe un total de 8 unidades documentais entre os anos 1926 e 1970. > Libros de sesións de Quintas: trátase das sesións do Pleno nas que se abordaban as cuestións relacionadas coa selección dos quintos (chamamentos, substitucións etc.) e que se transcribiron en libros aparte. Contabilízanse un total de 26 unidades documentais entre os anos 1944 e 1970, sendo na súa totalidade libros encadernados e mecanografados. A partir de abril de 1970, as competencias sobre Quintas son transferecidas á Xunta Municipal de Recrutamento. > Copias mecanografadas dos Libros de actas do Pleno: contabilízanse un total de 50 unidades documentais, entre os anos 1929 e 1975.

  • Valoración, selección e eliminación A serie documental "Libro de actas do Pleno" foi avaliada na sesión do 7 de novembro de 2017 polo Consello de Avaliación Documental de Galicia, establecendo a súa conservación permanente. (DOG núm. 23, do xoves 1 de febreiro de 2018)

  • Novos ingresos Transferencia ao Arquivo histórico aos catro anos

  • Organizació

    Cronolóxica

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre acceso

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación encadernada ou cosida na súa totalidade.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Existen copias mecanografadas dos libros de actas do Pleno entre os anos 1929 e 1975 no propio Arquivo municipal que atinxen un total de 50 unidades documentais

  • Unidades de descrición relacionadas Documentación relacionada cos Libros de actas do Pleno do Concello de Bouzas e do Concello de Lavadores, integrados no Concello de Vigo en 1904 e 1941 respectivamente: > Concello de Bouzas: 3 unidades documentais con 12 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade, entre os anos 1599 e 1904. > Concello de Lavadores: 6 unidades de instalación con 40 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade, entre os anos 1900 e 1941.

Área de notas

  • Nota Documentación dixitalizada na súa práctica totalidade Nos Libros de actas de sesións de Quintas poden encontrarse incluídas as transcricións das sesións da Comisión Municipal Permanente relativas á selección dos quintos.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vigo. Secretaría do Pleno (110) (Tema) (Creador)

Área de control da descrición