ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36057.AM.VIG.1..GF001.F0001.SF005.S0072

  • Título Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno

  • Data(s) 1986-1998 (Creación)

  • Volume e soporte 29 unidades de instalación con 39 expedientes ou agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vigo. Comisión de Goberno(1985-2033) Órgano colexiado creado coa aprobación da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local. Este órgano existía nos municipios con poboación de dereito superior aos 5.000 habitantes e naqueloutros nos que así o dispuxera o seu regulamento ou o acordara o Pleno do Concello. Esta Comisión estaba integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmo, sendo nomeados e seprados libremente polo Alcalde, dando conta ao Pleno. A Comisión de Goberno é susbtituída pola Xunta de Goberno Local coa entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vigo

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

  • Valoración, selección e eliminación A serie documental "Libro de actas da Comisión de Goberno" foi avaliada na sesión do 7 de novembro de 2017 polo Consello de Avaliación Documental de Galicia, establecendo a súa conservación permanente. (DOG núm. 23, do xoves 1 de febreiro de 2018)

  • Novos ingresos Serie pechada. Transferencia total ao Arquivo histórico

  • Organizació

    Cronolóxica

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre acceso

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vigo. Comisión de Goberno (Tema) (Creador)

Área de control da descrición