ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Solicitudes de información e certificación urbanística

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF081.S0629. 18850/1

  • Título Solicitudes de información e certificación urbanística

  • Data(s) 1976 (Produción)

  • Volume e soporte 35 expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén as seguintes solicitudes de información urbanística, cos seus respectivos planos de situación: - José Bertolo Fernández. Solar Praza Mugardos. - José Antonio Álvarez González. Finca en Outeiro- Mugardos. - Valentín Muíños Sieiro. Avenida da Estación. - Edelmiro Baltasar López. Finca en Cardosa (Marcón). - María del Pilar Belín Torres. Finca en Monte do Sol (Salcedo). Unido a expediente de solicitude de aliñación de 1981. - José Carlos Belín Torres. Finca en Monte do Sol (Salcedo). Contén memoria da vivenda. - Rafael Fondevila Vázquez. Finca en Rúa Fondevila chamada "Monte de Granxa do Costado". - Manuel Ramos Janeiro. Solar en Avenida das Corbaceiras. - Rodrigo García Estévez, representante de VIGAS, S.A. Solar Polígono Campolongo. - Carlos González Fernández. Solar para nave en Vao (Campañó). - Josefa Vázquez García. Finca en Rúa Fondevila chamada "Granxa do Costado". - Francisco Cal Conde. Finca en Ponte Cobo (Ponte Sampaio). - Alejandro Franco García. Finca en Moldes (Mourente). - Fernando Martínez Vilanova e outros. Solar en Pedra do Lagarto. - Julio Rey Andreu. Solar en Pedra do Lagarto. - Eugenio Tilve Guiance. Finca en Casas da Bouza (Santa María de Xeve). - Asunción Prado Matelo e fillos. Solar en Rúa Loureiro Crespo, 40. - Enrique Otero Rodríguez. Solar en Sistro (Salcedo). - José García García. Solar en Rúa Afonso X O Sabio. - José Piñón Gallego. Solar en Sistro (Salcedo). - Paulina Piñeiro Casalderrey. FInca en Porto (Alba). - Antonio Poceiro Fontán. San Cruz (San Andrés de Xeve). - Alejandro Torres Garduño. Carramal (Salcedo). - José Garrido Seoane. Instalacións de ENCE. Planta de achos. - Ricardo Magariños Pampín. Rúa Michelena, 4. - Ramiro Enrique Lores Escudero. Cachapal (Campañó). - María Hortensia Muruais Otero. Rúa Sagasta, 10. - José Vázquez Lera. Nave en Pontemuíños (Lourizán). - Áurea Areal Movilla. Avenida de Montero Ríos. - Francisco Eloy Vidal. Rúa Salvador Moreno. - Compañía Telefónica Nacional de España. Modificación de nave en Pedra do Lagarto. - Margarita Mirón Gutiérrez, representante de Mirón y Gutiérrez S.L. Rúa de Bretaña. - Edelmiro Vidal Rozados. Rúa Javier Puig. - Germán Rodríguez Novas. Rúa Arcebispo Malvar, 1. - Áurea Areal Movilla. Rúa Maqués de Valterra. - Ángel Rodríguez López, representante de Proporto, S.L. Rúa Blanco Porto. - Ángel Rordríguez López, representante de Proporto, S.L. Rúa Blanco Porto. - Rocío Osorio Rodríguez. Rúa Riestra, 14. - Antonio Carracedo Quintáns. Rúa dos Soportais, 7. - Mercedes Muñoz Jaureguialzo. Rúa Fondo do Saco (Marín). - Cámara Oficial da Propiedade Urbana na provincia de Pontevedra. -Carlos Riestra Limeses. - RHEA Consultores, sobre obtención de copia do plano da cidade. - Oficial xefe da Policía municipal, sobre regulación da venda ambulante.

Área de notas

  • Nota Data da transferencia: 22/10/2021

Puntos de acceso

Área de control da descrición