Fondos
S0070. Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
-
855/1. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (02/01/2004-17/12/2004)
-
855/2. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (07/01/2005-16/12/2005)
-
855/3. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (20/01/2006-15/12/2006)
-
1.158/5. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (12/01/2007-11/12/2007)
-
1.158/6. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (24/01/2008-18/12/2008)
-
1.158/7. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (23/01/2009-18/12/2009)
-
1.158/8. Libro de actas da Xunta de Goberno Local (18/02/2010-16/11/2010)
Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.5.GF001.F0001.SF005.S0070
Título Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
Data(s) 1924-2010 (Creación)
Volume e soporte 2 unidades de instalación; 7 agrupacións documentais; 117 actas de sesión
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cerdedo(1836-2015) O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 49 entidades de poboación dispersas en 79 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes. Fórmano na actualidade un total de oito parroquias: Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello. Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cerdedo (Tema) (Creador)