Fondos
18863/1. Solicitudes de aproveitamento de auga de mananciais
Solicitudes de aproveitamento de auga de mananciais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0008.SF094.S0729.18863/1
Título Solicitudes de aproveitamento de auga de mananciais
Data(s) 1976 (Produción)
Volume e soporte 26 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén as seguintes solicitudes e alegacións: - Jesús Moledo Lamoso. Lugar de Casal (Salcedo). - Juan Rodríguez e outros. Resolución favorable. Campañó de arriba e Ribeiro (Castrove). - Manuel Garrido Acuña. Birrete (Salcedo). - Benito Malvar Rodríguez. Mananciais Cachada de Piai e Rego Pereiro, monte Loureda (Tomeza). - Ramiro Esperón Moldes e outros. mananciais Manxueiro, Canteira e Dos Muíños, Lugar de Souto Novo (Campañó) - Andrés Neyra Fernández. Bravo (Cerponzóns). - José Luis Romero Buceta. A Devesa (Alba). - Vicente Bugallo Iglesias e outros. Monte Comunal Lagoas (San Andrés de Xeve). - Abelardo Portela Cuntín. Manancial Feixa, Canicouva (Ponte Sampaio). - José Carlos González Ríos. Canicouva (Ponte Sampaio). - Veciñanza de Maúnzo e Alcalde de Barrio de San Andrés de Xeve. Manancial Pozo dos Salgueiros, monte Caeiro. Resolución favorable. - Manuel Mosteiro Fontán e outros. Maúnzo (San Andrés de Xeve). - Luciano Bernárdez Bernárdez e outros. Regato de Cartas, Lugar de Salgueiro (Ponte Sampaio). - Manuel Lubián Sobreira. Regueiriño (Lourizán). - Manuel Vidal Malvar e veciñanza de Campañó. Manancial Ribeiro, Montecelo (Campañó). Resolución favorable. - Juan Silva Deus. Manancial Cabanas, Bordel (Verducido). - Ramiro Omil Piay e outros. Manancial Fonte do Cabalgado (Tomeza). - José Miguel Mariño Villaverde. Mananciais Pozo dos Beiros e Poza, Pintos (Marcón). Unido a expediente 5060/80, modificando solicitude inicial. - Ángel Fernández Andión. Monte do Castro (Mourente). - Manuel Lage Custodio. Mananciais Outeiro Navío e Pedra Longa, monte Loureda (Marcón). Unido a expediente 7585/79, solicitando aproveitamento de auga a nome de María Isaura Rodríguez Peralba. - Manuel Maquieira Falcón. Monte de Campo dos Bois (Cerponzóns). - María Moldes Souto. Manancial Illón, A Devesa (Alba). - Antonio Agulla González e outros. Monte Roque, Regueiriño (Lourizán). - Antonio Otero Brea e outros. Monte Castro (Mourente). - José Antonio Cortegoso García e outros. Salgueiral (Bora). - Resolución favorable a nome de Félix García Pazos. Mananciais en Gatomorto (Santa María de Xeve).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Manancial Auga potable España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Lourizán (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Verducido (San Mariño) Pontevedra (Concello) Cerponzóns (San Vicente) Lourizán (Santo André) Xeve (Santo André) Montecelo, O Devesa, A (Alba) Salgueiral, O (Bora) Campañó de Arriba (Campañó) Canicouva, A (Canicouva, A) Bravo, O (Cerponzóns) Esculca, A (Salcedo) Regueiriño, O (Lourizán) Pintos (Marcón) Valadares (Marcón) Raxeira, A (Mourente) Gatomorto (Santa María de Xeve) San Pedro (Tomeza) Maúnzo (Xeve)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)