ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18869/1

  • Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas

  • Data(s) 1967 (Produción)

  • Volume e soporte 23 expedientes, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén: - Construción dunha ponte sobre o río Fens para unir os lugares de Gatamorto, Iglesia e Frieiro.1967 - Acondicionamento do camiño denominado San Blas en Salcedo. 1967 - Construción dunha ponte nun río no lugar de Couso ( Barreiras ) para prestar servizo os veciños das parroquias de Santa María e San Andrés de Xeve. 1967 -Proxecto de apertura da Rúa Estribela. 1967 -Pavimentado da Glorieta de Compostela. 1967 - Acondicionamento do camiño de acceso o edificio de escolas unitarias con vivendas para maestros no lugar de O Freixo ( Campañó ). 1967 - Devolución da fianza das obras de reconstrución da Ponte Magueiro a nome de Manuel Bugallo Nogueira. 1967 - Obras de pavimentado no camiño de Canicouva a Ponte Sampaio.1967 - Obras construción dun camiño dende a lugar da A Hermida na parroquia de Marcón a estrada de Pontecaldelas.1968 -Obras construción dun camiño dende a lugar da A Hermida ( barrio do Pouso ) na parroquia de Marcón a estrada de Pontecaldelas.1968 - Construción dunha ponte sobre o río Fens que une os lugares de Gatomorto, Iglesia e Frieire. 1967. - Pavimentación do camiño de Costado a Santa Margarida ( Mourente ). 1968 - Pavimentación camiño Lourizan. 1968 - Ensanche camiño de Lourizán o Centro de Instrución de Reclutas de Figueirido. 1968 - Acondiconamento do camiño que une o lugar de Peralba ( Marcón ) coa estrada de Pontecaldelas. 1969 - Moción para a redacción do proxecto para o a ampliación do camiño que vai dende a estrada provincial de Ponteverda Bértola ata a provincial de Lusquiños a Marcón. 1966 - Reparación dunha fonte xunto a Escola de Cegos e arrenxo co camiño vecinal que vai ata A Ruibal en Campolongo. 1968 - Pavimentado das zonas próximas as Rúas Luis Otero e Leonardo Rodríguez. 1968 - Obra de camiño de acceso de Ponte Sampaio a Puente García. 1968 - Prolongación da Rúa Capitán Enríquez dende Pasarón con dirección a Xunqueira do Vao. 1968 - Proxecto de beirarrúas e fixación das Contribucións Especiais na Avenida de Uruguay. 1968 - Pavimentado do ensanche na Avenida da Marisma fronte o Pabillón de Deportes. 1968

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición