Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
18871/1. Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18871/1
Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Data(s) 1969 (Produción)
Volume e soporte 23 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén: - Obras de peche da finca propiedade de Julián García Calvo pola apertura de Figueirido a Cruz de Maceira. 1969 - Solicitude de Valentín Chamadoura Martínez, alcalde de barrio do Salgueiral para o arrenxo da estrada que vai de Tombo o Salgueiral. 1969 - Moción do concelleiro delegado Matínez Sánchez para o arrenxo do camiño da estrada de Ourense a Monte Fracha. 1968 - Obras no camiño do Rañadoiro. 1969 - Obras de reparación do camiño de Figueirido. 1969 - Obras de ampliación do camiño veciñal de Freijeiro no lugar de Barcia a A Cardosa na parroquia de Marcón. 1969 - Ampliación do camiño de Regueiriño a Nogueiras. 1969 - Ampliación do camiño da vai dende a estrada de Pontecaldelas no lugar de A Hermida ( Laxinde ) o lugar de Pintos na parroquia de Marcón. 1969 - Pavimentado do ensanche da Avenida de acceso o Pabillón dos Daeportes. 1969 - Obras de reparación do pavimento preto dos xardíns fronte a Privisión Provincial. 1969 - Obras de demolición da ponte do ferrocarril na Avenida do Uruguay. 1969 - Reparación das rúas Riestra e Sagasta. 1969 - Obras de pavimentación na Praza Calvo Sotelo.1969 - Pavimentado do Campo da Torre. 1969 - Reparación pavimento na Praza de San Xosé. 1969 - Obras na estrada de Figueirido a Igrexa de Tomeza. 1969 - Pavimentado no camiño do Rañadoiro ( Ponte Sampaio ). 1969 -Obras de reposición do pavimento da calzada de diferentes rúas da cidade de Pontevedra - Obras de reparación da praza fronte o Cuartel da Garda Civi de Tráfico de Pontevedra. 1969 - Obras de pavimentado do ensanche da avenida de acceso o Pabillón de Deportes. 1969 - Obras de reparación e reposición de pavimento na calzada da Avenida de Buenos Aires. 1969 - Reparación e pavimentación do Barrio de Santa Margarita. 1969 - Documentación relacionada coa Comisión Provincial de Servicios Técnicos ( Plans Provinciais ). Xustificacións das obras contratadas. 1969
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)