ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de obra en centros escolares

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18886/1

  • Título Expedientes de obra en centros escolares

  • Data(s) 1967 (Produción)

  • Volume e soporte 21 expedientes, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes (na súa maioría follas soltas) sobre centros escolares: 1- Construción de edificios anexos á Escola Normal de Maxisterio destinados a colexios menores e administración. 1962. 2 - Expediente de creación dun instituto de ensino medio no terreo do Verxel. 1963. 3 - Adquisición de solares en concurso en San Caetano (Alba), Bordel (Verducido), Freixó (Campañó), Porta do Sol (Lérez) e Lusquiños (Tomeza) para a construción de escolas. Plan Xeral de Construcións Escolares. 1966. 4 - Solicitude de intervención na Escola municipal de nenas en Lérez, Porta do Sol, a nome do propietario da finca Juan Ramón Cons Cons. 1966. 5 - Obras de desmonte e acceso aos solares escolares de Cerponzóns, Alba e Mourente. 1966. 6 - Obras de desmonte e acceso aos solares de construccións escolares de Marcón e Bora. 1966. Unido a expediente de aboamento da certificación polas obras a nome de Celestino Casalderrey Almón. 1966. 7 - Obras de acondicionamento de solar municipal para construción de escola en Pío, Bora. 1966. 8- Solicitude de aboamento da certificación por obras de construción dun grupo escolar en Couso, San Andrés de Xeve. 1966. 9 - Solicitude de aboamento da certificación por obras de apertura dun pozo para subministro de auga da esola de Cabanas, Salcedo. 1966. 10 - Proxecto de obra de Escola de Mestría Industrial de Pontevedra a cargo de Francisco Navarro. 1966. 11 - Concurso para a adquisición de estufas para as escolas do municipio. 1967. 12 - Fixación do módulo para limpeza de centros escolares. 1967. 13- Proxecto de construción de tres escolas en Campos, Mourente a cargo de Desiderio Pernas Martínez. 1967. 14 - Acordo do Concello da iniciación da segunda fase de convenios de construcións escolares no municipio polo sistema de subvención. 1967. 15 - Transporte de material desde a a estrada de Estribela para a construción do Grupo escolar de Carballeira. 1967. 16 - Certificación de obras de apertura de pozo para subministro de auga no Grupo escolar de Ponte Sampaio. 1967. 17 - Aprobación do proxecto de construción dun centro de EGB en Gándara e Xunqueira. 1977. 18 - Reparación de escola en Porta do Sol, na finca da propiedade de Juan Ramón Cons Cons. 1967. 19- Reparación da instalación de auga e reposición de aparatos sanitarios nas Escolas Froebel. Inclúe aboamento das certificacións. 1967. 20 - Solicitude de devolución de fianza de instalación de estufas a nome de Manuel Araújo Loureiro. 1968. 21 - Aprobación do gasto do 20% do importe das obras de construción de dúas escolas en Pío, Bora polo Concello. 1967. 22 - Aprobación da certificación por obras de acondicionamento de solar destinado a escola en Ponte Sampaio.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición