Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
18888/1. Expedientes de obra en centros escolares
Expedientes de obra en centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18888/1
Título Expedientes de obra en centros escolares
Data(s) 1968 (Produción)
Volume e soporte 9 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes (na súa maioría follas soltas) sobre centros escolares: - Proxecto de obra do Colexio Nacional de Arieiro, Lérez a cargo do arquitecto Enrique Barreiro Álvarez. Unido a expediente de construción, de liquidación de obras, de devolución de fianza e autorización do gasto. 1968. - Nóminas por obras de reparación nos edificios escolares de Divina Pastora. 1969. - Certificación dos terreos destinados ao ensino básico e medio profesional situados en Gándara, San Salvador de Lérez. 1969. - Solicitude de obras de reparación na Escola graduada de Campos, Mourente, a nome do director Rogelio Mosquera Rey. 1969. - Solicitude de información sobre os centros educativos a nome da Sección de Construcciones Escolares do Ministerio de Educación y Ciencia. 1969. - Proxecto de cimentación de edificio escolar na Xunqueira a cargo do arquitecto Bernardo Murillo. 1969. - Obras de reparación nos centros escolares Divina Pastora, Verducido, Cerponzóns, Lourizán e Marcón. 1969. - Solicitude de aboamento da factura da compra do do motor de auga para o Grupo escolar Os Campos, Mourente, a nome de Rogelio Mosquera Rey. Inclúe orde de pago. 1969. - Construción dun pozo para subministro de auga do Grupo escolar de Cabanas, Salcedo. 1969.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)