Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
18890/1. Expedientes de obra en centros escolares
Expedientes de obra en centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18890/1
Título Expedientes de obra en centros escolares
Data(s) 1971 (Produción)
Volume e soporte 18 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes sobre centros escolares: 1- Obras complementarias en novas escolas e accesos en Ponte Sampaio. 1971. 2- Solicitude de prórroga na construción dun comedor nas Escolas de Marcón a nome de Eduardo Peón Baltasar. 1971. 3- Orde de pagamento a nome de Amados Pazos Tenorio polas obras de reparación no Grupo escolar Álvarez Limeses. 1971. 4- Devolución de fianza a nome de Don Benigno Esperón Sertal polas obras de Colexio Nacional de oito seccións en Campañó. 1971. 5- Proxecto de edificio escolar de 32 aulas na Xunqueira do Lérez. Búsqueda de solar. 1971. 6- Acondicionamento do terreo para construción de pistas de recreo do Colexio de ensino especial de Campolongo. 1971. 7- Aprobación da devolución de fianza polas obras de ampliación do Colexio Nacional Álvarez Limeses. 1972. 8- Solicitude de relación de construcións escolares a nome da Junta de Construcciones, instalaciones y equipo escolar. 1972. 9-Aprobación da devolución da fianza polas obras do Colexio Nacional de oito seccións de Salcedo a nome de Raymundo Vázquez S.A. 1972. 10- Copia do expediente de ofrecemento de terreo para a construción dun centro de Formación Profesional de Primer e Segundo Grao para mil alumnos na Xunqueira. 1972. 11- Proxecto de instalación de depósito de gas para os centos de Xunqueira e Gándara. 1973. 12- Proxecto de instalación de calefacción no colexio de EGB de Vilaverde, Mourente. 1973. 13- Proxecto de instalación eléctrica de baixa tensión en grupo escolar de EGB de Campolongo. 14- Obras de conservación nas escolas de Lusquiños, Carballeira e Marcón. 1974. 15- Obras de conservación nas escolas de Pazo, Campos, Salgueiral e Pío. 1974. 17- Obras de conservación nas escolas de Cabanas, Ponte Sampaio e Froebel. 1974. 18- Aprobación do proxecto de construción do centro de EGB de Gándara e Xunqueira. 1977. 19- Creación de unidades de educación preescolar en Pontevedra e acondicionamento de escolas en Cabanas, Lusquiños e Marcón. 1977. 20- Expediente de instalación de calefacción e relativo á limpeza das Unidades de preescolar en Bora e Campolongo. 1980. 21. Actas de recepción provisional de obras de acondicionamento de centros escolares. 1979.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)