Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
18890/2. Expedientes de obra en centros escolares
Expedientes de obra en centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18890/2
Título Expedientes de obra en centros escolares
Data(s) 1971 (Produción)
Volume e soporte 32 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes sobre centros escolares: 1- Comunicación de inclusión dun colexio público na zona de saída de Vigo na programación dos centros de 1982. 1981. 2- Actas de recepción das obras efectuadas en centros escolares polo Ministerio de Educación y Ciencia. 1982. 3- Cesión gratuíta de terreo para a construción de zona escolar en Monteporreiro. 1983. 4- Construción de colexio público en Santa María de Xeve. 1984. 5- Convenio entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra sobre mellora de determinados centros educativos. 1984. 6- Solicitude de solar para a construción dun Centro de formación profesional a nome da Consellería de Educación e Ciencia. 1985. 7- Informes sobre os solares dos centros de EGB de Sartán, Gatomorto (Santa María de Xeve) e de Marcón. 1985. 8- Factura de FENOSA sobre o custo de desvío das súas instalacións por mor da construción dun centro escolar en Cabanas, Salcedo. 1986. 9- Conexión á rede de auga e de luz do Instituto A Xunqueira. 1986. 10- Solicitude de entrevista co alcalde a nome da Asociación de Pais e Nais do Colexio Pedra Picada. 1986. (Na actualidade San Benito de Lérez). 11- Solicitude de reparación do acceso ao Colexio Vilaverde, Mourente, a nome do Director do mesmo. 1986. 12- Solicitude de dotación de enerxía, auga e acceso ao centro de Cabanas, Salcedo. 1987. 13- Instalación eléctrica no centro de Cabanas, Salcedo, 1987.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Educación Colexio Ensino primario Ensino secundario España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)