Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
18889/1. Expedientes de obra en centros escolares
Expedientes de obra en centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18889/1
Título Expedientes de obra en centros escolares
Data(s) 1967 (Produción)
Volume e soporte 13 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes sobre centros escolares: - Proxecto para a realización de reformas no Colexio Nacional Álvarez Limeses ( rúa Joaquín Costa ) de urbanización, impermeabilización das cubertas e pintura do arquitecto Bernardo Murillo de Valdivia. 1970 - Proxecto de adaptación dun edifico para centro de Educación Especial ( Campolongo ) realizado por Francisco Taracido. 1969-1971. Xunta Central de Construcións Escolares do Ministerio de Educación e Ciencia - Documentación relacionada coas subvencións para a construción de centros escolares do Ministerio de Educación Nacional . 1968 - Contrución dun pozo para abastecemento de auga ao Grupo Escolar de Cabanas ( Salcedo ). 1969 -Obras no Grupo Escolar Álvarez Limeses. 1969 - Proxecto de adaptación de edificio para Centro de Educación Especial ( Campolongo ) feito polo arquitecto Francisco Taracido Fraga. 1969 - Solicitude de Eloy Fernández Valdes da Asociación Juan XIII para realización de obras en edificio, petición de subvención o Ministerio de Educación e Ciencia con número de expediente 6959/1969 - Modificación de orzamento para a contrución de edificios escolares en Os Campos ( Mourente ). 1967 - Construción dunha nave para comedor nas escolas de Marcón sendo o adxudicatario Eduardo Peón Baltasar. 1970 - Obras de reparación na escola de Tomeza. 1970 - Obras de escaleiras exteriores no Grupo Escolar de Lourizán. 1970 - Certificación e liquidación a Benigno Esperón Certal polas pbras de construción do Colexio de Campañó - Proxecto de cimentación especial para o Colexio Nacional de 32 seccións do arqutiecto Bernardo Murillo. Xunta Central de Construcións Escolares. Ministerio de Educación e Ciencia. 1970
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)