ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.257
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18937/1

  • Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas

  • Data(s) 1966 (Produción)

  • Volume e soporte 41 expedientes, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén: - Normas e Instrucións para a concesión de axuda técnica do Servizo de Cooperación Provincial da Diputación Provincial de Ponteverda ( Plan 1964- 1965) ( Plan 1966- 1967 ). Relación das obras levadas a cabo nestas datas. - Compromiso de aceptación das dúas rúas de baixada o porto e dos camiños que bordean o cauce do río dos Gafos. 1966 -Reconstrución do muro de contención la praia de Placeres ( Pontevedra ) e o seu camiño de acceso. 1966 - Reparación do camiño que vai ata a igrexia da parroquia de Tomeza e o Grupo Escolar de Lusquiños.1969 - Obras de desmonte da rocha ata a praza de Mollabao. 1969 - Plan de Cooperación Provincial ( 1968 - 1969 ). Obras no ensanche e pavimentación na Praza de San Andrés de Xeve no lugar de Filgueira, Campo Escolar de Deportes de San Andrés de Xeve - Obras acceso a igrexa de Mourente.1974 - Obras nos lugares da Paloma ( Mourente ), Valadares e Pazos. 1970 - Obras de reparación no camiño de Peralba ( Marcón ) ata a Pontevedra, e estrada de Ponte Caldelas. 1969 - Moción sobre a estrada de Campañó. 1969 - Proposicións de obras no distrito de Marcón. 1973 - Obras no camiño que vai dende o Campo da Festa a Casa de Domitila en Marcón. 1974 - Obras no camiño de Outeiro ( Lérez ). 1975 - Reconstrución dun muro en Leiras de Arriba na parroquia de Bora. 1975 - Obras de ensanche no camiño de Bordel ata a estrada de Bora. 1977 - Obras de reparación no camiño de Rosende ( Verducido ). 1976 - Obras de reparación no camiño de Covasdapera ( Verducido ). 1976 - Construción dun muro de contención no camiño vecinal de Pintos ( Marcón ). 1977 - Reparación dunha estrada que vai dende Ponte Caldelas ata a da Reigosa. 1973 - Reparación do camiño que vai dende a estrada de Ponte Bora ata a igrexa parroquial. 1974 - Reparación do camiño da Carballa en Marcón. 1974 - Reparación do camiño de Valadares en Marcón. 1974 - Reconstrución dun muro de contención no camiño da Cachadiña en Marcón. 1974 - Obras no camiño de Sobral o Mirador da Torre na parroquia de San Andrés de Xeve. 1975 - Obras de enlace o Camiño da Ría de Abaixo a estrada de Marcón. 1974 - Construción dun muro de contención de terrras no camiño do lugar de Pintos ( Marcón ) que vai ata Ponte Caldelas. 1975 - Solicitude do abono das obras do camiño que vai dende Ponte Caldelas o lugar de Pintos ( Marcón ) a nome do Alcalde de Barrio de Pintos ( Marcón ). 1975 - Reparación no campo de Santa Margarida ( Mourente ) e reparación do camiño da igrexa de Salcedo. 1975 - Obras de pavimentación do camiño veciñal de Portobelo ( Verducido ). 1975 - Solicitude de abono das obras do camiño de Roris- Fontanes a Outeiro a nome do Alcalde de Barrio de Gatomorto de Arriba ( Xeve ). 1976 - Obras de pavimentación do camiño do Maunzo ( San Andrés de Xeve ). 1977 - Reconstrución do camiño de Fragoso en San Andrés de Xeve- 1976 -Solicitude do Deputación Provincial de Pontevedra dunha maquina escavadora para obras en Castelo ( Lérez ) e Verducido ( Xeve ). 1978 -Obras de ensanche do camiño veciña que vai dende Rorís ata Camiños Vellos e o embalse de Verducido. 1979 - Obras no camiño de Frieiro en Santa María de Xeve. 1978 - Reparación dun camiño e construción dun muro de contención de terras en Pintos ( Marcón ). 1977 - Obras de reparación do camiño no camiño de acceso a igrexa de Bora a Mourente. 1974 - Desvío do camiño do Castelo ( Lérez ) a Pontillón de Castro. 1980 - Solicitude Concelleiro Delegado do Distrito de Xeve ( Rivas Maquieira ) de realización de obras nas parroquias de Verducido, Santa María e San Andrés. 1982 - Solicitude de material de José Villanueva Blanco ( Alcalde de Barrio de Lourizán ) para o remate de obras na pista de Cunchidos ( Estribela ). 1980 - Solicitude de subvención do alcalde de barrio de Sabarís ( Manuel Baltasar Rodríguez ) para adquisición de materiais para obras de ampliación e mellora do camiño veciñal de Sabarís ( Marcón ). 1981

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición