Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
18938/1. Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18938/1
Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Data(s) 1970 (Produción)
Volume e soporte 42 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén: - Reparación do camiño de Abarcia que vai dende a Igrexa a Frieiro en Santa María de Xeve. 1970 - Construción dunha ponte sobre o río de Frieiro xunto o Muíño de Arriba. 1971 - Reparación da pista que vai dende a pista de Touceda ata a igrexa parroquial de Alba. 1972 - Reparación do camiño de Ponte Cabras na parroquia de Alba. 1972 - Obras de reparación de ensanche no camiño lo lugar de Casaldorado ( Lérez ) e derruba da pared da vivenda de Juan Argibay para ampliar o camiño. 1976 - Obras de reparación dun camiño na pista de Gugilde na parroquia de Alba. 1972 - Solicitude de subvención do alcalde de barrio ( Amancio Iglesias Balnco ) de Fontanes ( Santa María de Xeve ) para levar a cabo obras no camiño central que vai dende a estrada de Moraña e pasa pola Ponte de Bouza. 1972 - Solicitude de Jesús García Sobral ( alcalde de barrio de Santa María de Xeve ) para a reparación de camiños. 1972 - Reparación do camiño que vai dende o atrio parroquial e conduce o lugar de Frieiro e a Capela de San Roque en San Andrés de Xeve. 1972 - Solicitude de José Fontán Fontán ( alcalde de Barrio de Gatomorto ) para a reparación de camiños. 1972 - Obras de ensanche no Camiño das Casas en San Andrés de Xeve. 1976 -Contrución dun muro de contención de terras no camiño que vai o lugar de Cimbelo ( Lérez ). 1976 - Ampliación dun camiño no lugar de Casaldorado. 1976 - Peche do recinto escolar do Colexio Nacional de Parada ( Campañó ). 1976 - Ensanche do camiño que vai dende a estrada de Campañó a estrada forestal. 1976 - Ensanche do camiño de Ferreiros a Igrexa en Campañó. 1976 - Obras no camiño de Moldes a Galiana e Corredoira en Campañó. 1976 - Obras no camiño de Rieriz na parroquia de Alba. 1977 - Reparación dun camiño no lugar da Pedra Picada ( Lérez ). 1977 - Ensanche do camiño de Brazal en Santa María de Xeve. 1976 - Ensanche do camiño de Pidre a Fonteiriña na parroquia de San Vicente de Cerponzóns. 1974 - Reparación do camiño veciñal del Riveiro que vai dende a fábrica da Cros a estrada de Campañó. 1974 - Acondicionamento e ensanche do camiño veciñal de Reiriz ( Alba ). 1976 - Ensanche e acondicionamento do camiño Agriños sito en Campañó. 1976 - Reparación do camiño de Cruceiro a Ramallás e de Cimbelo a Casalnovo. 1976 - Pavimentación do camiño da Gándara ( Santiña ). 1975 - Ensanche e reparación do camiño que vai do atrio parroquial de Santa María a San Andrés de Xeve. 1973 - Construción dun camiño de comunicación a estrada no barrio de Outeiro en Gatamorto. 1974 -Solicitude de Argimiro Germán Rivas Castiñeiras ( Concelleiro Delegado do Distrito do Lérez ) solicitando a Deputación Provincial que se faga carga da aliñación da estrada do Cruceiro o Castelo en Lérez. 1974 - Demolición da rocha e ensanche do camiño de Casalnovo na parroquia de Lérez. 1975 - Solicitude de suvbención para obras de acceso o mirador do Lérez. 1976 - Obras na cuberta do Colexio Nacional Mixto de Lérez. 1974 - Solicitude de Manuel Casalderrey ( Alcalde de Barrio de Castelo - Lérez ) para a realización de obras de reconstrución dun muro en Casaldorado. 1977 - Obras no camiño veciñal da Piollosa que comunican a parroquia de Verducido coa de Santa María de Xeve. ( Plans Provinciais de Acción Comunitaria ). 1981 - Obras de pavimentación do camiño de Balado na parroquia de Verducido. ( Plans Provinciais de Acción Comunitaria )1981 - Apertura de pista entre Rañadoiro e Acevedo ( Ponte Sampaio ). Plans Provinciais de Acción Comunitaria. 1981 - Ensanche do camiño veciñal de Cornide ( Verducido ). Plan Provinciais de Acción Comunitaria.1981 - Obra de ensanche do camiño a Outeriño ( Verducido ). Plans Provinciais de Acción Comunitaria. 1981 - Apertura pista entre Acevedo e Comboa ( Ponte Sampaio ). Plans Provinciais de Acción Comunitaria. 1981 - Obras de pavimentación no camiño de Ramallás ( Lérez ). Plans Provinciais de Acción Comunitaria. 1983 - Obras de reparación da estrada a Igrexa de Bora. 1983
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Camiño público Pavimentación Estrada España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)