Fondos
18944/5. Expedientes de adquisición de material do Concello de Pontevedra
Expedientes de adquisición de material do Concello de Pontevedra
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0005.SF048.S0381.18944/5
Título Expedientes de adquisición de material do Concello de Pontevedra
Data(s) 1968 (Creación)
Volume e soporte 25 expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: - Instalación de equipos semafóricos. 1968. - Adquisición prendas uniforme policía municipal. 1982. - Adquisición de vestiario da policía municipal. 1982. - Adquisición vestiario de verán para conserxes. 1982. - Adquisición de plantas. 1982. - Adquisición prendas servizo guindastre. 1982. - Compra quentador de auga para centro escolar de Gándara. 1982. - Adquisición de mobiliario para a nova oficina da Comisión de Cultura. 1982. - Adquisición de motor para vehículo municipal. 1982. - Adquisición de árbores para Ponte Sampaio. 1982. - Adquisición de farola. 1982. - Adquisición de máquina de escribir para Asesoría Xurírica. 1982. - Adquisición dun equipo de reparación de avarías nas estacións de radioemisión. 1982. - Adquisición de columnas para boca de rego. 1982. - Adquisición de aceite hidráulico. 1982. - Adquisición material para a brigada de fontanería. 1982. - Adquisición dous dosificadores de cloro. 1982. - Adquisición material eléctrico. 1982. - Adquisición pezas de reparación de aparatos do servizo radioeléctrico. 1983. - Adquisición 24 varas para máquina de fontanería. - Proposta de adquisición de material de fontanería. 1983. - Adquisición uniformes. 1983. - Adquisición materiais de sinalización. 1983. - Adquisición de carbón e leña para calefacción. 1983. - Adquisición sementes de céspede. 1983.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)