ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.351
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Obras de iluminación pública

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0657.18950/1

  • Título Obras de iluminación pública

  • Data(s) 1967 (Produción)

  • Volume e soporte 16 expedientes, papel.

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén as seguintes obras de iluminación pública: -Obras de iluminación de puntos de luz no Grupo Santa Margarita adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1967 - Obras de iluminación na Estrada da Seca adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1967 - Proxecto de iluminación pública na rúa Fernández Villaverde levado a cabo por Enrique García Quintela. 1967. Obras adxudicadas a Isolux Pubul Galicia ( Isaac Chaperín González ) - Adquisición de material para instalación de iluminación en la Casa Consistorial. 1968 - Obras de iluminación pública no grupo de vivendas de Fonte Santa ( Campolongo ) adxudicadas a Tomás Garrido Lage.1969 - Obras de iluminación pública no camiño de A Pita no lugar de Pedra Picada ( Lérez ) . 1969 - Oras de iluminación nos camiños veciñais de Casadorado ( Lérez ). 1969 - Construción dun Transformador Eléctrico propiedade de Fenosa na Alameda de Pontevedra. 1969 - Obras para a mellora da iluminación pública en Ponte Sampaio adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1968-1969 - Obras de instalación de iluminación pública na estrada de Ourense ( Avenida de Lugo ),prolongación de Loureiro Crespo, adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1969 - Obras de iluminación pública en Mourente ( estrada de Ourense ) adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1969 - Obras de instalación de puntos de luz no lugar de Couso en Santa María de Xeve - Obras de instalación de iluminación pública na Rúas César Boente, Praza Méndez Núñez e Don Gonzalo na zona monumental da cidade adxudicadas a Tomás Garrido Laxe. 1969 - Obras de instalación de farois ornamentais no exterior de Casa do Concello adxudicadas a Sociedad Jareño de Construcciones Metálicas. 1969 - Obras de iluminación en Mourente. 1969 - Obras de instalación de iluminación pública nos lugares de Ría de Arriba, Ría de Abaixo e Valadares ( Marcón )

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición