Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
18951/1. Obras de iluminación pública
Obras de iluminación pública
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0657.18951/1
Título Obras de iluminación pública
Data(s) 1969 (Produción)
Volume e soporte 32 expedientes, papel.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén as seguintes obras de iluminación pública: - Obras de instalación dos soportes dos farois para o acceso o colexio menor da Virxen da Peregrina e a Escola de Mestría Industrial adxudicadas a Electrificaciones Malymac S.L. 1969 - Obras de iluminación na Rúa Fonte do Corvo ( contén solicitude de cambio de nome da rúa Fonte do Corvo por Pedro Sarmiento Gamboa a nome de Adolfo García Peneda, alcalde pedáneo do Barrio de San Roque. 1967 - Obras de reforma e acondicionamento da instalación de iluminación pública en San Antoniño. 1969 - Obras de reforma e acondicionamento da instalación de iluminación pública na Rúa Altamira. - Obras de instalación de iluminación pública na estrada da Seca adxudicadas Tomás Garrido Lage. 1969 - Obras de instalación de puntos de luz no barrio de Estribela- Lourizán. 1969 - Proxecto de iluminación da Avenida de Uruguay ( contén comunicación da Junta del Puerto y Ría de Pontevedra relacionada coa aportación municipal para a execución das obras do proxecto de Iluminación do camiño de servizo do porto de Pontevedra entre a Ponte do Burgo e o peirao das Corbaceiras ) 1969 - Proxecto de iluminación do camiño de servizo do Porto de Pontevedra entre a Ponte do Burgo e o peirao das Corbaceiras. 1969 - Obras de instalación de puntos de luz en Estribela ( Lourizán ). 1969 - Obras de instalación de puntos de luz en distintos lugares da parroquia de Lourizán ( Carballeira e Regueiriño ). 1969 - Obras de instalación de farois na fachada do edificio do Concello adxudicadas a Sociedade Jareño de Construcciones Metálicas S.A. 1972 - Obras de instalación de iluminación pública na Rúa San Antoniño adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1970 - Obras de iluminación na Rúa Altamira. Rafael Areses Pérez en nome de Fomento Hispania. S. A formula alegacións contra o expediente de obras de reforma e acondicionamento da instalación de iluminación na Rúa Altamira ( número de expediente 2387 ). -Obras de reforma e acondicionamento da instalación da iluminación en San Antoniño ( inserto na unidad documental anterior ) - Orzamentos ( Isolux Galicia e Hijos de Vázquez Lescaille ) para a instalación de puntos de luz na Zona Monumental da cidade de Pontevedra. 1971 - Obras de iluminación pública na Estrada a Ourense ( Mourente ) adxudicadas a Tomás Garrido Lage. 1971 - Instalación de puntos de luz en San Andrés de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido.1973 - Instalación de puntos de luz nos lugares de Leborei, Castrado e San Caetano en Cerponzóns, obras adxudicadas a Benito Ruibal Piay. 1974 - Instalación dun punto de luz no camiño de Agriños e no camiño do lavadoiro a Fonte da Vila. 1976 - Obras de iluminación en Fontaiña e O Souto ( obras de Acción Comunitaria ). 1983 - Obras de iluminación no Camiño Vello da Torre a Porta do Sol ( Lérez ). 1981 - Solicitude do alcalde de José Miguel Mariño Villaverde ( alcalde de Pintos - Marcón ) dunha subvención para material eléctrico. 1982 - Obras de iluminación pública en Rieiriz ( Alba ) dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública en Canicouva, dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública no lugar de A Ferreira dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública en Albeiro ( Marcón ) dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública na Fontaíña dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública en Rieiriz ( Alba ) dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 -Obras de iluminación pública en Casaldorado ( Cendona ) dentro do programa de Acción Comunitaria da Comsión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública na Travesía da Eiriña dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública en Rieiriz ( Alba ) dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982 - Obras de iluminación pública en Campañó dentro do programa de Acción Comunitaria da Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais. 1982
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Iluminación Instalación eléctrica España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)