ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0005.SF047.S0370.18952/8

  • Título Resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común

  • Data(s) 1981 (Creación)

  • Volume e soporte Varios expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: - Montes clasificados polo Xurado Provincial de Expropiación como de man común. 1981. - Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común. 1982. Con plano xeral de montes en man común do Concello de Pontevedra. - Copias de certificacións de montes inscritos no Rexistro da Propiedade e omitidos no Inventario de Bens municipais. 1961. - Persoamento ante o Xurado Provincial. - Expediente de cambio de titularidade de montes e baixa no imposto de contribución rústica. 1982. - Resolucións de clasificación de montes en man común: montes de Marcón, montes de Tomeza, montes de Monte Sampaio, montes de Lourizán, montes de Lérez, montes de Cerponzóns, montes de Canicouva, montes de Alba, montes de Santa María de Xeve, montes do Bora, montes de Verducido, montes de San Andrés de Xeve, montes de Campañó,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición