Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
15149/1. Licenza de parcelación urbanística de predio solicitada por Victor Argibay Argibay.
Licenza de parcelación urbanística de predio solicitada por Victor Argibay Argibay.
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF087.S0676.15149/1
Título Licenza de parcelación urbanística de predio solicitada por Victor Argibay Argibay.
Data(s) 2002 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente número 29042/2002 a nome de Victor Argibay Argibay. Tipoloxía: Licenza de parcelación de predio Situación: Gabián-Verducido Técnico: Carlos Rosón Gasalla (Arquitecto) Se concede licenza de parcelamento por acordo da Comisión de Goberno de data 24-03-2003. REF. SDUMAPA: GU 053/1998
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Urbanismo Parcelamento do solo España Galicia Pontevedra Lama, A Barcia do Seixo, A (Santa Ana) Gabián
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Lama, A Barcia do Seixo, A (Santa Ana) Gabián
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) Concello de Pontevedra. Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Tema) (Creador) (Creador)