ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.661
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.474

Fondos

  • ES.GA.360577.AUVI.1. UNIVERSIDADE DE VIGO

UNIVERSIDADE DE VIGO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.360577.AUVI.1

  • Título UNIVERSIDADE DE VIGO

  • Data(s) 1990-Actualidade (Creación)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Universidade de Vigo(1990-Actualidade) A Universidade de Vigo créase en virtude da Lei 11/1989, de 20 de xullo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia. A partir do Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas Universidades da Coruña e Vigo, establécese a conformación organizativa da Universidade de Vigo, que abrangue o área sur de Galicia estruturándose en tres campus localizados nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra. O conxunto de centros integrados na Universidade de Vigo procede dos antecesores Colexio Universitario de Vigo (CUVI) e Colexio Universitario de Ourense (COUR), creados en 1972. Contaban cunha maior antigüedade, e unha tradición de ensinanza consolidada nas súas respectivas cidades, as seguintes Escolas Universitarias: Empresariais, en Vigo (herdeira da Escuela de Comercio, de 1920); Enxeñería Técnica Industrial, en Vigo (sucesora da Escuela Superior de Industrias, de 1901); e as Escolas Universitarias de Formación de Profesorado de EXB, en Ourense y Pontevedra (cuxos antecedentes sitúanse nas Escuelas Normales de Ourense, de 1842 e de Pontevedra, de 1845). Os primeiros Estatutos da Universidade foron aprobados pola Xunta de Galicia o 23 de agosto de 1993. A creación de novos centros docentes e servizios e a implantación de novas titulacións ofrecen, ao longo da traxectoria da Universidade de Vigo, a evolución acorde cos cambios nas necesidades educativas que demanda a sociedad na que se insire. Nacemos no 1990 e desde entón mantivemos un constante crecemento e consolidación. Somos unha universidade de vangarda, coa excelencia como obxectivo, que está a medrar como unha referencia internacional na innovación e na investigación. Unha universidade pública ao servizo da sociedade A Universidade de Vigo é unha universidade pública, con autonomía académica, económica e de goberno e que se sitúa ao servizo da sociedade baixo os principios da igualdade, solidariedade, democracia e liberdade. Os nosos fins prioritarios son a consecución das máximas cotas de calidade de docencia e investigación, así coma o fomento da procura de novos coñecementos e a transferencia destes á sociedade, a creación artística e o desenvolvemento científico e tecnolóxico. Identidade A actual identidade corporativa da Universidade de Vigo formouse en outubro de 2008, afrontando un cambio e actualizándose acorde a un novo escenario. A identidade está composta por diferentes símbolos que representan á universidade para crear unha unidade interna e unha proxección externa unificada, poderosa e representativa dos nosos trazos e valores, o signo está presente nos diferentes contextos nos que se desenvolve.

  • Institución arquivística Arquivo Universitario de Vigo

  • Historia arquivística Documentación xerada e recibida poa Universidade no exercicio das súas funcions, dende 1990

  • Forma do ingreso Transferencia directa

Área de contido e estrutura

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Universidade de Vigo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición