ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

  • ES.GA.360577.AUVI.2. ESCOLA DE COMERCIO

ESCOLA DE COMERCIO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.360577.AUVI.2

  • Título ESCOLA DE COMERCIO

  • Data(s) 1920-1990 (Creación)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Universidade de Vigo. Escola Universitaria de Estudos Empresarias(1920-Actualidade) Despois dun longo período de solicitudes razonadas, as aspiracións da cidade vénse finalmente cumpridas. O Real Decreto do 6 de agosto de 1920, publicado na Gaceta de Madrid o día 13 de agosto, asinado pola S.A.R. Alfonso XIII a proposta do Excmo. Sr. D. Luis Espada Guntín, Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, polo que se crea a Escola de Comercio de Vigo coa categoría de Escola Pericial dá plena satisfacción á cidadanía viguesa e ás súas industrias. Este Decreto determina o modelo teórico con que tería que estar dotada a Escola Pericial de Comercio. O cadro de persoal estaría integrado por 5 Catedráticos, 2 Profesores Especiais, 1 Profesor Auxiliar de ascenso e 2 Profesores Auxiliares. Na exposición de motivos do Decreto tamén se determina que queda a cargo da Corporación Municipal a dotación dun edificio independiente para que poida ser instalado o novo centro, así como o aboamento dos haberes do persoal non docente de administración e subalterno e debe facerse cargo dos gastos de material de ensinanza e de oficina. Con isto establécese o primeiro vínculo de unión entre a Escola Pericial de Comercio e a sociedade viguesa. O Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, o 17 de novembro de 1920, designa para ocupar o cargo de Director ao catedrático de Contabilidade, José Benítez Galán, Intendente Mercantil e persoa cunha ampla traxectoria na docencia e na dirección. Procede da Escola de Comercio de Cádiz e con anterioridade tiña estado na Escola Superior de Administración Mercantil de Barcelona onde tiña prestado os seus servizos durante quince anos e da que tiña sido director. As xestións que ten que realizar son múltiples, informar ao reitor da Universidade de Santiago do seu nomeamento, entrevistarse co alcalde para que asigne as instalacións, a dotación de profesores, persoal de administración e subalterno. E por supuesto, matricular aos primeros alumnos da Escola para o que a finais de decembro de 1920 se inserta un anuncio no Boletín Oficial da Provincia anunciando a apertura da matrícula. O Concello decide que a primejra sede da Escola Pericial de Comercio é o edificio da Escuela Municipal de Artes e Oficios, situada na rúa García Barbón. Este edificio, a pesar da súa beleza arquitectónica, non pode ofrecer as instalacións que require o novo centro. Durante estes 12 anos, o director da Escola, os profesores e os alumnos, co apoio da sociedade viguesa e algunhas institucións, non cesan no seu empeño por conseguir unhas instalacións adecuadas para a Escola pero non se consigue un local independiente como indicaba o decreto de creación. O curso tiña que comezar o 7 de xaneiro de 1921 pero é imposible polo que odirector Benítez Galán envía un telegrama ao Ministro de Instrución Pública expoñendo as carencias que que o facían imposible e solicitando un aprazamiento até o día 17 do mesmo mes, aprazamento que é aceptado. Con 70 alumnos a Escola Pericial de Comercio de Vigo inicia a súa singladura até o ano 1932 en que é elevada a súa categoría. Ao longo destes 12 anos a matrícula tanto de alumnos por ensinanza oficial e non oficial, tivo unha evolución significativa.

  • Institución arquivística Arquivo Universitario de Vigo

  • Forma do ingreso Por transferencia directa

Área de contido e estrutura

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Universidade de Vigo. Escola Universitaria de Estudos Empresarias (Tema) (Creador)

Área de control da descrición