Fondos
ES.GA.360577.AUVI.3. PERITOS INDUSTRIAIS
PERITOS INDUSTRIAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.360577.AUVI.3
Título PERITOS INDUSTRIAIS
Data(s) 1901-1990 (Creación)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Universidade de Vigo. Escola de Enxeñaría Industrial(1901-Actualidade) A Escola de Enxeñería Industrial é un centro da Universidade de Vigo onde se imparten estudos de enxeñería industrial. Está constituída en dúas sedes unha no centro da cidade de Vigo e outra no campus universitario de Vigo. A Escola de Enxeñería Industrial xorde da integración dos dous centros dos que dispoñía a Universidade de Vigo dentro do ámbito da enxeñería industrial: a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo fundouse hai máis de 110 anos. Dende a súa creación en 1901, sufriu varios cambios de denominación e de plans de estudo: naceu coa denominación de Escola Superior de Industria, posteriormente pasou a denominarse Escola de Peritos Industriais coas titulacións de peritos Industriais de mecánica, química industrial e electricidade. En 1971 transformouse na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial coa titulación de Enxeñería Técnica Industrial, e coas especialidades de Mecánica, Electricidade e Química Industrial, cunha duración de tres anos. No ano 1988 integrouse a especialidade de Electrónica Industrial e Automática. No ano 2000 implantáronse os plans de estudo de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Electricidade (dúas intensificacións), de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Mecánica (catro intensificacións), de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Química Industrial (dúas intensificacións) e de Enxeñería Técnica Industrial especialidade Electrónica Industrial (dúas intensificacións). A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo naceu no 1976 coas especialidades de Electrónica e Automática, cunha duración da titulación de seis anos. Posteriormente, a oferta educativa ampliouse coas especialidades de Organización Industrial, Electrotecnia e Mecánica. No curso 2001, modificáronse os plans de estudo e pasou a unha titulación de cinco anos académicos coas intensificacións de Mecánica, Construción e Instalacións, Organización Industrial, Deseño e Fabricación, Electricidade e Automática e Electrónica. Ademais, implantáronse na Escola dúas titulacións de segundo ciclo: Enxeñería en Organización Industrial e Enxeñería en Automática e Electrónica Industrial. En outubro de 2009 ambas as escolas iniciaron o estudo da converxencia nun centro único co obxectivo de mellorar e integrar a xestión das actividades docentes dos graos. En abril de 2010 foi aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Vigo a creación da Escola de Enxeñería Industrial. Finalmente, en febreiro de 2011 publícase no Diario Oficial de Galicia a supresión das antigas escolas e a creación da nova escola.[1] No curso 2010-2011 comenzou a impartirse o novo plan de estudos adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior. Con máis de 4 400 alumnos matriculados e 350 profesores é unha das meirandes escolas do sistema universitario galego.
Institución arquivística Arquivo Universitario de Vigo
Forma do ingreso Por transferencia directa
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Universidade de Vigo. Escola de Enxeñaría Industrial (Tema) (Creador)