ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Fondos

  • ES.GA.360577.AUVI.8-. SOCIEDAD ELECTRA POPULAR DE VIGO Y REDONDELA

SOCIEDAD ELECTRA POPULAR DE VIGO Y REDONDELA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.360577.AUVI.8-

  • Título SOCIEDAD ELECTRA POPULAR DE VIGO Y REDONDELA

  • Data(s) 1908-1919 (Creación)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Sociedad Electra Popular de Vigo y Redondela(1902-1923) En setembro de 1899, o Goberno Civil concedeu a Daniel Poyán e a José Ramón Lorenzo, de Vilagarcía, a autorización para construír unha presa arriba da “Ponte do inferno”, en Pontecaldelas, para o aproveitamento da auga do río Verduxo para a fabricación de pasta de madeira. En marzo de 1901, verificouse en Redondela a poxa para o servizo do alumeado eléctrico, que foi adxudicado a José Ramón Lorenzo, na cantidade de 3.990 pesetas anuais. Para explotar o negocio constituíuse a empresa La Electra de Redondela, que tamén se adicará a outras industrias. Antes de rematar o ano inaugurouse en Redondela o alumeado público. As cousas van ben e, en abril de 1902, reúnense os accionistas para tratar o aumento de capital social e proceder ao nomeamento dos conselleiros. En setembro de 1902 prodúcese a disolución desta sociedade e a fusión na Electra Popular de Vigo y Redondela (EPVR), empresa domiciliada en Vilagarcía. Esta empresa explotaría os saltos dos ríos Verduxo e Oitavén, estando ligada ao grupo bancario Riestra/Hijos de Simeón García. Como curiosidade contar que esta empresa en marzo de 1903 ofreceu ao Concello de Vigo “colocar no centro da Porta do Sol unha columna con tres focos permanentes de luz de arco voltaico. A columna levará no centro un reloxo de dúas esferas, terá uns 15 metros de altura e servirá para a distribución dos cables”. En decembro de 1908, autorízase ao seu presidente Laureano Salgado á instalación dende Redondela dunha liña de transporte de electricidade que abasteza a Porriño. Esta empresa levaría a luz eléctrica a outras vilas da rexión como: Cangas, Bueu, Beluso, Baiona, Gondomar... Por iniciativa deste mesmo empresario, Laureano Salgado Rodríguez, en marzo de 1930 colocouse a primeira pedra da Virxe da Roca en Baiona. Faleceu en Caldas de Reis o 5 de maio de 1930. En 1952 a agrupación galega da Asociación Nacional de Peritos Industriales, abre unha subscrición para erixir un busto en Caldas de Reis na honra de quen fora propulsor da industrialización de dita vila. En Redondela esta empresa tiña as súas oficinas na Praza Constitución ata que en abril de 1910 se trasladou á Rúa Cruceiro, onde en maio de 1911 se instalou o primeiro teléfono de uso público da vila. En 1923, a Electra Popular de Vigo y Redondela é absorbida pola Sociedad General Gallega de Electricidad, que crea unha rede de distribución de Vigo a Ferrol.

  • Institución arquivística Arquivo Universitario de Vigo

  • Forma do ingreso A través da actividade investigadora do profesorado da Universidade de Vigo

Área de contido e estrutura

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Sociedad Electra Popular de Vigo y Redondela (Tema) (Creador)

Área de control da descrición