ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Conta xeral e liquidación do presuposto (1996)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0006.SF055.SF059.S0425.7787/1

  • Título Conta xeral e liquidación do presuposto (1996)

  • Data(s) 1996 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén: Balance da situación Conta de resultados extraordinarios Liquidación do estado dos gastos Desenvolvemento dos pagamentos presupostos Liquidación do estado dos ingresos Desenvolvemento dos compromisos de ingreso Desenvolvemento do proceso de xestión Desenvolvemento das devolucións de ingresos Evolución e situación das obrigacións recoñecidas Evolución e situación dos libramentos a pagar Evolución e situación dereitos pendentes de cobro Estado de situación e movementos de operacións non presupuestarias de tesorería. Metálico Balance de comprobación Estado de modificacións de crédito Estado de situación e movemento de valores Liquidación do Instituto Municipal de Deportes INDEPO Ditame sobre a conta xeral do Concello de Pontevedra da Comisión Especial de Contas correspondente o ano 1996. 2001

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición