ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Proxecto de urbanización da Rúa Cruz Gallástegui

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0661.16087/1

  • Título Proxecto de urbanización da Rúa Cruz Gallástegui

  • Data(s) 1981-1984 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén a seguinte documentación: - Proxecto de execución de obra a cargo de Alfonso Barreiro Buján. - Certificacións 1ª, 2ª, 3ª, 4ª. - Expediente 6219/83, de solicitude de devolución de fianza das obras de apertura a nome de José Pazos Otero. - Expediente 6538/83, de denuncia a nome de Jacobo Rebolledo Varela. - Expediente 6703/83, de denuncia a nome de Domingo Malet Sierra. - Expediente 6702/83, de denuncia a nome de José Manuel Carballido Dopico. - Expediente 6682/83, de denuncia a nome de Buenaventura Aparicio Casado. - Expediente 6684/83, de denuncia a nome de Santiago Sánchez Rodríguez. - Expediente 203/84, de recepción definitiva das obras a nome de José Malvar Construcciones. - Expediente 6453/84, de solicitude de devolución de fianza a nome de José Malvar Construcciones. - Proxecto de obra complementaria do proxecto da rúa a cargo de José Manuel Padín Sánchez. - Expediente 7194/83, de solicitude de aboamento de factura do proxecto complementario a nome de José Malvar Construcciones. Unido a: - Expediente 8788/78, de solicitude de recepción do primeiro tramo da rúa. - Expediente 4159/76, de solicitude de apertura de tramo. - Expediente 10188/76, de alegacións para a incorporación ao expediente de apertura de nova rúa a nome de José García Trabazo. - Expediente 4060/77, de recurso de reposición a nome de Ernesto Viétez Cortizo. - Expediente 4104/77, de recurso de resposición a nome de José García Trabazo. - Expediente 13009/77, de contribucións especiais do proxecto de apertura de rúa. - Expediente 2437/78, de comunicación de inicio de obras a nome de José García Trabazo. - Proxecto de actualización de execución de rúa de nova apertura a nome de Alfonso Barreiro.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición