Fondos
-
SF086. 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
15407/2. Expediente de protección da legalidade urbanística por obras incoado por Vicente García Legísima.
Expediente de protección da legalidade urbanística por obras incoado por Vicente García Legísima.
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF086.SF090.S1052.15407/2
Título Expediente de protección da legalidade urbanística por obras incoado por Vicente García Legísima.
Data(s) 1988-2005 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente, soporte papel.
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente número 23811/1988 de protección da legalidade urbanística por obras de construción de edifico sen a correspondente licenza. Denunciado: Jesús Cabalar Fernández. Situación: Casas Novas-Mourente, Avenida de Lugo. REF CATASTRAL: Ténico: Orde de demolición das obra realizadas sen licenza en execución da Sentenza do TS 572/1992, por resolución da Alcaldía de data 17-08-2001. REF SDUMAPA: DU 070/1989 Unido el expediente 3195/1989 a nome de Jesús Cabalar Fernández, solicitude de licenza legalización de obras de construción de edificio. Se denega a legalización das obras e se ordea a súa demolición por acordo da Comisión de Goberno de data 02-10-1989. Unido el expediente 10478/2004 de Jesús Cabalar Fernández, Transportes Cabalar, S.A. e VEPERSA, solicitude de licenza de demolición de edificio construído sen licenza. Se aproba o proxecto de demolición de edificio por acordo da Comisión de Goberno de data 28-07-2003.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)