Fondos
OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083 OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083-2. Fotografía de Festa de San Andrés Avelino na Carambola
Fotografía de Festa de San Andrés Avelino na Carambola
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.10.OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083 OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083-2
Título Fotografía de Festa de San Andrés Avelino na Carambola
Data(s) 1926-11-10 (Creación)
Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff
Área de contexto
Nome do produtor Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia(1878-) Jaime de Sousa Guedes Pacheco naceu en 1878 en Freixo-de-Espada-á-Cinta, na Serra da Estrela, comarca de Tras-os-montes, en Portugal. A súa historia coñecida antes de chegar a Vigo transcorre en Ourense, onde vivía o seu irmán José de quen aprendeu o oficio da fotografía, ou cando menos con el traballou no seu estudio fotográfico durante varios anos, ata que as súas ambicións e o desexo de independencia trouxérono a Vigo, onde se asocia con Cándida Otero, que desde a morte do seu marido atendía soa a galería. A sociedade chamouse "Pacheco y Viuda de Prósperi", é de supoñer que o peso fundamental do negocio recaería sobre o mozo portugués, dado que a viúva xa era unha muller entrada en anos. En 1915 faleceu Cándida Otero, a partir dese momento o estudio fotográfico pase a ser rexentado en exclusividade por Jaime Pacheco. Con todo, Vigo era demasiado grande para que unha soa persoa atendera as necesidades de fotografar a vida que enchía as rúas. O seu sobriño Horacio foi o primeiro en chegar para axudalo a atender o negocio (1915), detrás del virá César, que máis adiante instala o seu estudo en Mondoñedo. Os fillos de Jaime Pacheco, Jaime e Alberto, o primeiro sobre todo, uníronse tamén á empresa. Unha empresa familiar na que colaboraban outros profesionais como Emilio Nogueira, Sanlés e Amoedo, que se dedicaban sobre todo, ao proceso técnico da fotografía. Jaime Pacheco (pai) foi o artífice de maioría dos retratos de estudio dos anos 20 e 30. Horacio antes e Jaime Pacheco (fillo), despois, traballaban no exterior captando os momentos estelares da historia da nosa cidade. Jaime Pacheco (pai) morreu en 1954; a súa galería herdárona os seus fillos e co tempo a súa neta, ata que pechou definitivamente en 1994, tres anos despois da venda do arquivo ao concello.
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Fotografía cedida temporalmente no 2022 por Olimpio Giráldez Lera para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía ó seu propietario.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083 e OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 083-2 e OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 093-3. Expediente 4468/2018 Fotografía dunha reunión de persoas celebrando a Festa de San Andrés Avelino na finca da Carambola, en Asnelle de Abaixo, Reboreda o 10 de novembro do 1926. As persoas recoñecidas son: de pé, de esquerda a dereita: Secundino Martínez Pérez, Plácido Saa, Laureano Lago Núñez (pai de Carmiña Lago), José Rodríguez Martínez, Florencio Soto López, Buenhijo Pérez Rodríguez, Juan Cesa Rodríguez (pai de Adela), Jacinto Lera Soloeta, Francisco Esteiro García, Fernándo González Gómez (Rey Chiquito), Nicanor Ruibal, Javier Alfaya Pérez, Dositeo Pérez Sobrino, Serafín Areal Giráldez, Manuel Domínguez Suárez. De pé, arriba de todo: J. Olimpio Giraldez Fernández, Ricardo Saavedra Fernández, Edmundo Reboredo Araújo, Anacleto Pampillón Rodríguez, Secundino Álvarez Bárcena. Sentados: Manuel Rodríguez Crespo, María Rodríguez Crespo (nenos), Blas Agna Mancebo, Antonio Alfaya Pérez, Elías Barros Martínez, Abelino Giráldez Oaz, Manuel Paz Varela, Buenhijo Pérez Sobrino, Antonio González Gómez, médico forense.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Aceso e reprodución libres, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade da Olimpio GIráldez Lera"
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Olimpio Giráldez Lera, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen.
Ãrea de notas
Nota Resolución:100: 1
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia (Tema) (Creador)