ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Fotografía de reunión de homes na finca da Carambola

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.10.OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 084 e OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 084-2

  • Título Fotografía de reunión de homes na finca da Carambola

  • Data(s) 1925 (Creación)

  • Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff

Área de contexto

  • Nome do produtor Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia(1878-) Jaime de Sousa Guedes Pacheco naceu en 1878 en Freixo-de-Espada-á-Cinta, na Serra da Estrela, comarca de Tras-os-montes, en Portugal. A súa historia coñecida antes de chegar a Vigo transcorre en Ourense, onde vivía o seu irmán José de quen aprendeu o oficio da fotografía, ou cando menos con el traballou no seu estudio fotográfico durante varios anos, ata que as súas ambicións e o desexo de independencia trouxérono a Vigo, onde se asocia con Cándida Otero, que desde a morte do seu marido atendía soa a galería. A sociedade chamouse "Pacheco y Viuda de Prósperi", é de supoñer que o peso fundamental do negocio recaería sobre o mozo portugués, dado que a viúva xa era unha muller entrada en anos. En 1915 faleceu Cándida Otero, a partir dese momento o estudio fotográfico pase a ser rexentado en exclusividade por Jaime Pacheco. Con todo, Vigo era demasiado grande para que unha soa persoa atendera as necesidades de fotografar a vida que enchía as rúas. O seu sobriño Horacio foi o primeiro en chegar para axudalo a atender o negocio (1915), detrás del virá César, que máis adiante instala o seu estudo en Mondoñedo. Os fillos de Jaime Pacheco, Jaime e Alberto, o primeiro sobre todo, uníronse tamén á empresa. Unha empresa familiar na que colaboraban outros profesionais como Emilio Nogueira, Sanlés e Amoedo, que se dedicaban sobre todo, ao proceso técnico da fotografía. Jaime Pacheco (pai) foi o artífice de maioría dos retratos de estudio dos anos 20 e 30. Horacio antes e Jaime Pacheco (fillo), despois, traballaban no exterior captando os momentos estelares da historia da nosa cidade. Jaime Pacheco (pai) morreu en 1954; a súa galería herdárona os seus fillos e co tempo a súa neta, ata que pechou definitivamente en 1994, tres anos despois da venda do arquivo ao concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística Fotografía cedida temporalmente no 2022 por Olimpio Giráldez Lera para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía ó seu propietario.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 084. Expediente 4468/2018 Fotografía dunha reunión de homes na finca da Carambola, en Asnelle de Abaixo, Reboreda, ó pé do Canastro. Década dos 1920.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Aceso e reprodución libres, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade da Olimpio GIráldez Lera"

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Olimpio Giráldez Lera, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen.

Área de notas

  • Nota Resolución:100: 1

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia (Tema) (Creador)

Área de control da descrición