ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16119/1

  • Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

  • Data(s) 1981 (Creación)

  • Volume e soporte 37 expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes: - Denuncia a José Ramón Pereira Acuña por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia do baixo da rúa Echegaray, 1 por perigo de derrubamento. - Denuncia ao taxista Antonio Corujo Castro por conduta violenta. - Denuncia ao Partido Liga Comunista Revolucionaria por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia ao Partido Movimiento Comunista de Galicia por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia pola lingua das novas sinalizacións nas que debe aparecer a toponimia en galego. - Denuncia a José Manuel Fontanes Pan por obstruír o tránsito de peóns con caixas. - Denuncia do mal estado dos sumidoiros no polígono de Campolongo. - Denuncia a Alejandro Milleiro Sampedro por presenza de lixo no chalet de Mendoza. - Denuncia ao PSdeGA por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia a María del Pilar Álvarez Quiñones por despositar caixas na vía pública. - Denuncia a Amalia Fernández de Ana Magán por non limpar parcela. - Denuncia a Luís Losada Fernández por incumprimento do bando de ornato e limpeza. - Denuncia a José Luís Pesqueira Collazo por circular a gran velocidade. - Denuncia a empresa Cuíñas por estacionar autobús en lugar non autorizado. - Denuncia a Luís Gómez Silvet por estacionamento na estrada. - Denuncia a Santos Rodríguez Ozores por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia a Mercedes Sabarís por secar roupa no balcón. - Denuncia a Lino Alvariño Alvariño por estacionar camión para descarga fóra do horario establecido. - Denuncia a Carmen Aguirre Fernández por secar roupa no balcón. - Denuncia a Ramona Aragunde por secar roupa no balcón. - Denuncia á empresa Líneas Pontevedresas por estacionamento en lugar non autorizado. - Denuncia a Laureano Rodríguez Álvarez por ruído. - Denuncia a Basilio González por secar roupa no balcón. - Denuncia á empresa La Unión, S.A. por estacionamento en lugar non autorizado. - Denuncia a Valentín Muíños Sieiro por descarga fóra do horario establecido. - Denuncia a Antonio Alfonsín Alfonsín por depositar caixas na vía pública. - Denuncia a Celestino Abreu Antas por colocación de carteis sen autorización. - Denuncia a Muebles Míguez por estacionamento prohibido. - Denuncia a Líneas Pontevedresas por anomalías na parada do autobús. - Denuncia a El Veloz, Núñez Barros e La Unión, S.A. por anomalías nas paradas. - Denuncia a Despacho Central de Renfe e Líneas Pontevedresas por anomalías nas paradas. - Denuncia a El Veloz, José Núñez Barros, La Unión, S.A. e Pluz Ultra por anomalías nas paradas. - Denuncia a Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L por incumprimiento do itinerario establecido. - Denuncia á empresa Manuel e José Luís Balea González por anomalías nas paradas. - Denuncia á empresa La Unión por incumprimento do itinerario establecido. - Denuncia a Francisco Espiña Armada e axentes encargados do guindastre por altercados.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición