ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

XOSÉ MANUEL MOREIRA DOCAMPO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.53

  • Título XOSÉ MANUEL MOREIRA DOCAMPO

  • Data(s) 2003 (Produción)

  • Volume e soporte 150 imaxes dixitalizadas

Área de contexto

  • Nome do produtor Antonio Barros Míguez()

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela

  • Historia arquivística No ano 2014 ábrese no Arquivo municipal de Redondela o proxecto do Arquivo Audiovisual: un lugar onde poder custodiar copias dixitais das fotografías que as persoas veciñas de Redondela queiran compartir co resto da veciñanza. O protocolo é sempre o mesmo: as persoas propietarias ceden temporalmente as fotografías no Arquivo municipal para proceder ó seu escaneo. Unha vez dixitalizadas son devoltas ós/ás seus/súas cedentes en igual maneira en que foron depositadas. Entrégase, ademais, unha copia en dixital de todo o material entregado. A persoa propietaria das fotografías firma por escrito un documento onde permite a difusión das imaxes, así coma o uso libre das mesmas (sempre e cando non sexan usadas con fins lucrativos) e sempre baixo unha única condición: que sempre que se usen as fotografías, sexa citado claramente a orixe das mesmas: Fondo propiedade de... O Concello, pola súa parte, comprométese a crear un Fondo particular por cada persoa o familia cedente, non sendo nunca o Concello de Redondela propietaria das fotografías, senón canle para a súa difusión.

  • Forma do ingreso Don Xosé Manuel moreira Docampo cede temporalmente imaxes sobre o cemiterio dos Eidos sacadas por el mesmo no 2003, con anterioridade á restauración do mesmo levada a cabo no 2020. Estas imaxes son dixitalizadas e devoltas coa firma dun consentimento informado onde o seu propietario cede os dereitos de difusión das mesmas, sempre sen ánimo de lucro.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente 2085/2022 de cesión temporal, dixitalización e difusión de 150 imaxes propiedade e autoría de Xosé Manuel Moreira Docampo sobre o cemiterio dos Eidos no sacadas no 2003.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Consulta e difusión libres, salvo fins lucrativos.

  • Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Xosé Manuel Moreira Docampol"

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Imaxes dixitais en formato .TIFF ou .JPG escaneadas a 1200 ppp. de resolución (ficheiro máster)

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Xosé Manuel Moreira Docampo, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición