ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16155/10

  • Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal

  • Data(s) 1982-1983 (Creación)

  • Volume e soporte 35 expedientes

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén os seguintes expedientes relacionados con infraccións urbanísticas, de tráfico e denuncia de actividades. Paralizados e arquivados na súa maior parte: 1. Denuncia a desconocido por colocación de carteis de folga nacional de transportistas sen a preceptiva autorización. Expediente 963/82. 2. Denuncia por sacrificio de cans na canceira municipal. Oficio 77/82. 3. Denuncia por instalación de mesas de propaganda na praza da Ferrería sen a preceptiva licenza. (Oficio 78). 4. Denuncia de rotura de tubaxe na avenida de Buenos Aires. Oficio 79/82. 5. Denuncia a Vicente Betanzos Cacabelo por estacionamento no paso de peóns. Oficio 81/82. 6. Denuncia a José Garrido Iglesias por altercados e estacionamento na vía pública. Oficio 85/82. 7. Denuncia por aparición de propaganda en varios puntos da cidade. Oficio 87/82. 8. Denuncia por aparición de carteis pegados en varios puntos da cirdade. Oficio 89/82. 9. Denuncia por aparición de carteis de convocatoria de folga e do primeiro curso de maxia e ilusionismo. Oficio 90/82. 10. Denuncia por aparición de carteis de convocatoria do PSG e do concerto de Barón Rojo. Oficio 94/82. 11. Denuncia por aparición de carteis en edificios de varios puntos da cidade. Oficio 95/82. 12. Denuncia por aparición de carteis de aministía en varios puntos da cidade. Oficio 98/82. 13. Denuncia por aparición de carteis de manifestación a prol da solidaridade co Salvador en edificios de varios puntos da cidade. Oficio 102/82. 14. Denuncia por aparición de carteis en edificios de varios puntos da cidade. 15. Denuncia por estacionamento de camión da empresa José Malvar, S.A. Oficio 109/82. 16. Denuncia por aparición de carteis de convocatoria da ANPG en edificios de varios puntos da cidade. Oficio 112/82. 17. Denuncia a Julio Pintos Portela por levar o coche do parque municipal tras ter sido inmobilizado pola grúa. Oficio 18. Denuncia a Juan Pérez Piedras por obstaculizar a vía pública con materiais e a Benito Hermida por obras sen a preceptiva licenza. Oficio 118/82. 19. Denuncia a Jesús Rodríguez Cortegoso por obstaculizar a vía pública con materiais. Oficio 120/82. 20. Denuncia a Rafael Córdoba Conde por bañar o can na fonte. Oficio 155/82. 21. Denuncia por aparición de carteis de convocatoria de manifestación polo 1º de maio de CCOO en edificios de varios puntos da cidade. Oficio 156/82. 22. Denuncia a Luís Couto Martínez por alteración da orde pública tras retirada do coche. Oficio 158/82. 23. Denuncia a Dorinda Viñas Alonso e Carmén Arís Esperón por venda de verdura sen preceptiva licenza. Oficio 184/82. 24. Denuncia a Francisco Roldán Arcay por estacionar o vehículo na vía pública obstaculizando o paso de peóns. Oficio 185/82. 25. Denuncia a Manuel Gallego Vidal por circular en dirección prohibida. Oficio 196/82. 26. Denuncia a Manuela Oubiña Oubiña por circular en dirección prohibida. Oficio 197/82. 27. Denuncia a José Manuel Sánchez Torres por alteración da orde pública tras retirada do coche. Oficio 351/82. 28. Denuncia a Emlio Sanmartín por abandono de casa entre rúa Charino e Tetuán. Oficio 540. 29. Denuncia a Inocente Piay González por abandono de casa na rúa A Barca, 5. Oficio 640/82. 30. Denuncia por aparición de carteis na rúa Rosalía de Castro. Oficio 643/82. 31. Denuncia a Jose Carracal Carril por arroxar petardos. Oficio 659/82. 32. Denuncia a Raimundo Neira Fernández por danos na tubaxe da auga co seu vehículo. Oficio 861/82. 33. Denuncia a José Vivancos Sandes por estacionamento na vía pública. Contén recurso do denunciado. Oficio 913/82. 34. Denuncia a Elvira Couto Couto por alteración da orde pública tras retirada do coche. Oficio 926/82. 35. Denuncia a José Ramón Ferrín, Manuel Diz Allende e José Souto Ruzo por altercados na cafetería Julis, na rúa Padre Amoedo. Oficio 927/82.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición