Fondos
-
SF130. 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
16157/1. Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16157/1
Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Data(s) 1982 (Produción)
Volume e soporte 35 expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes relacionados con infraccións urbanísticas, de tráfico, denuncia de actividades, ocupación de vía publica, veteduras. Paralizados e arquivados na súa maior parte. 1. Denuncia da Policía Municipal a Manuel Agrelo Villela por agresión o taxista Fernando Sampedro Vidal con número de expediente 7436/1982 2. Oficio da Policía Municipal comunicando diferentes pasquíns na cidade de Pontevedra co seguinte texto: " Historia del movimiento obrero gallego. Sociedad Cultural Obrera José Villaverde ". Número de expediente 7501/1982 3. Oficio da Policía Municipal informando de pancartas en diferentes rúas da cidade pertencentes a Publicidad Exterior Gallega. Número de expediente 7583/1982 4. Oficio da Policía Municipal informando de pasquíns con publicidade de concerto de Motorhead e Los Suaves. Denucia a Serafín Arosa Calvar. Número de expdediente 7600/1982 5. Denuncia da Policía Municipal a Óscar Fernández Monaterio por roubo de ciclomotor. Expediente número 7656/1982 6. Oficio da Policía Municipal comunicando accidente de tráfico dun vehículo propiedade de Manuel Callo Muñiz. Expediente número 7657/1982 7. Oficio da Policía Municipal comunicando accidente de vehículo na ponte da Barca propiedade de Ricardo Quintana Moyano. Expediente número 7658/1982 8. Oficio da Policía Municipal informando de servizo extraordinario de ómnibus que proceden de Santiago de Compostela pola visita do papa. Expediente número 7659/1982 9. Oficiio da Policía Municipal comunicando incendio na rúa Fernández Ladreda 37-39 ( edificio Xunanza ). Expedienten número 7660/1982 10. Oficio da Policía Municipal comunicando manifestación nas escaleiras do Goberno Civil pola construción dunha escola en Cangas . Expediente número 7736/1982 11. Oficio da Policía Municipal comunicando infración urbanística de Manuel Casal Rey na praza de España, 1-3. Expediente número 8012/1982 12. Oficio da Policía Municipal comunicando roubo na xeadaría sita en Michelena, 23. Número de expediente número 8013/1982 13. Denuncia da Policía Municipal a Carlota Pereira Cuñas pola talla de ramaxe sen licenza na avenida de Buenos Aires. Expediente número 8014/1982 14. Oficio da Policía Municial informando de accidente laboral coa morte de Secundino García Portela sendo o propietario da empresa: Carlos Diz Salgado. Expediente número 8123/1982 15. Denuncia da Policía Municipal a Juan Carlos Fernández Chan informando de carteis en valado de madeira no Paseo de Colón. Expediente número 8124/1982 16. Oficio da Policía Municipal informando de avaría e posterior arrenxo en sumidoiro na rúa Marqués de Valterra. Expediente número 8249/1982 17. Oficio da Policía Municipal informando de incidente por instalación de pancarta no salón de plenos do Concello de Pontevedra. Texto da pancarta: "Pola soberanía nacional , Galicia non xuramos Constitución Española, Bloque- P.S.G ". Expediente número 8322/1982 18. Denuncia da Policía Municipal a Sabino Piñeiro Padín por infracción de tráfico. Expediente número 8408/1982 19. Denuncia da Policía Municipal a Alberto Blanco Casal por instalación de pancarta co seguinte texto: ""Pola soberanía nacional , Galicia non xuramos Constitución Española, Bloque- P.S.G. Expediente número 8424/1982 20. Oficio da Policía Municipal informando de instalación de pancarta co seguinte texto: " Unión de Cabrones de la Deputación". Expediente número 8425/1982 21. Oficio da Policía Municipal comunicando a instalación de carteis publicitarios ( Café Bar La Aurora, Javier Puig, 6 ) propiedade de Pilar de Blas Gómez. Expediente número 8427/1982 22. Oficio da Policía Municipal informando de atropelo a un can na rúa Paseo de Colón . Expediente número 8548/1982 23. Denuncia de Victoriano Tomé Riveiro a Antonio Taboada Durán pola mordedura dun can da súa propiedade. Expediente número 8694/1982 24. Denuncia da Policía Municipal contra Adolfo Arturo García Canosa por infracción de tráfico. Expediente número 9155/1982 25. Denuncia da Policía Municipal pola instalación en diferentes rúas da cidade da carteis co seguinte texo: " Festival da Navidad. Grupo Barón Rojo ". Expediente 9207/1982 26. Oficio da Policía Municipal informando de pintadas na oficina principal do Banco Pastor co seguinte texto: " Non a represión Banco Pastor ". Expediente número 8549/1982 27. Denuncia da Policía Municipal informando da pegada de carteis co seguinte texto: " Non a represión lingüística. Manifestación día 12 as 12.30 da mañán en Baiona ". SGTE, UTEG, ERGA, LCR, MCG, PSG, Partido Socialista de los Trabajadores, UPG"Sanción a Rafael Vázquez González representante do Partido Socialista de los Trabajadores. Expediente número 9223/1982. 28. Oficio da Policía Municipal informando do atropelo e morte por tren de Josefa Garrido Rial. Expediente número 9263/1982 29. Denuncia da Policía Municipal a Alberto Blanco Casal representante de BNG- PSG pola instalación de pancarta co seguinte texto:" Non a expulsión diputados BLOQUE-PSG. Acto aberto Hotel Rías Baixas. Día 19". Expediente número 9266/1982 30. Denuncia da Policía Municipal a Francisco Javier Iglesias Ullia pola instalación de carteis na rúa Marqués de Riestra con publicidade de concerto do grupo Barón Rojo. Expediente número 9335/1982 31. Denuncia da Policía Municipal a Alberto Casal Blanco, representante do BNG pola instalación de diferentes carteis na cidade de Pontevedra. Expediente número: 9336/1982 32.Oficio da Policía Municipal informando de incendio en propiedade de Amancio Blanco Fontán ( Santa María de Xeve). Expediente número 9337/1982 33. Oficio da Policía Municipal comunicando incendio de camión propiedade de Manuel Ardao López. Expediente número 9448/1982 34. Oficio da Policía Municipal comunicando incidente de Erundina Iglesias e Manuel Gallego Vicent en ascensor na rúa Augusto García Sánchez. Expediente número 9495/1982 35. Denuncia da Policía Local a Ismael Pequira Lorenzo por insultos e escándalo público. Expediente número 9611/1982
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Sindicato Accidente laboral Denuncia Infracción urbanística Accidente de tráfico ELECCIÓNS Eleccións xerais Eleccións municipais Policía municipal España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)