Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
16172/1. Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0664.16172/1
Título Proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra
Data(s) 1985-1997 (Produción)
Volume e soporte 19 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén: 1. Reformado adicional ao de reconstrución e rehabilitación do Teatro Principal de Pontevedra. 1985 2.Minuta de honorarios do Colexio de Arquitectos de Galicia. 1985 3. Solicitude de devolución de fianza a nome de Carlos Quintela Castro ( Hispano Alemana de Construcciones S.A). Expediente número: 10084/1985 4. Solicitude de devolución de fianza a nome de Huarte y CIA S.A a nome de José Antonio Couceiro Ojeda. Expediente número: 10851/1985 5. Solicitude de devolución de fianza a nome de Andrés Muntaner Pedrosa (Daragados y Construcciones S.A ). Expediente número: 12716/1985 6. Solicitude de devolución de fianza a nome de José Enrique Alonso Ferrer ( Cubiertas y MZOV S.A). Expediente número: 13379/1985 7. Desvío de liña eléctrica de FENOSA e conversión en liña subterránea. Expediente número: 3778/1986 8. Solicitude da empresa Dragados y Construcciones para peche ao tráfico das rúas Bastida e Alhóndiga. Expediente 6776/1986 9. Proxecto de enerxía eléctrica de baixa tensión para rehabilitación e reconstrución do Teatro Principal do enxeneiro Gonzalo Pérez Zunzunegui ( TECNOVA). 1986 10. Comunicación da Consellería de Cultura e Benestar Social do acordo da Comisión Provincial de Patrimonio Histórico Artístico sobre as obras levadas a cabo na rúa Bastida. 1986 11.Moción do alcalde de Pontevedra sobre a instalación telefónica no Teatro Principal. 1986 12. Adquisición de piano. Contrato- protocolo para a formalización da Doazón de piano pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. 1986 13. Adquisición de cadeiras para o persoal das orquestras. 1986 14. Adquisición de tarima para orquestra e coro a empresa Antonio Moledo Vidal. 1986 15. Concurso para a explotación do servizo de cafetería do Teatro Principal adxudicado a Carmen Balchada Codeseda. 1987 16. Solicitude de rescisión do contrato de explotación do servizo de cafatería a nome de Carmen Balchada Codeseda. 1989 17. Contrato de mantemento do ascensor do Teatro Principal. Empresa adxudicataria Thyssen Boetticher. Expediente número: 2874/1987 18. Grupo electróxeno do Teatro Principal. 1987 19. Expediente informativo sobre o cobro de cantidades liquidadas a concesionaria da explotación da cafeteria do Teatro Principal en concepto de canón. 1996
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)