ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.790
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.525

Libro rexistro de enterramentos ou sepulturas do cemiterio de San Mauro (1918-1943)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0013.SF128.S1000.15631/1

  • Título Libro rexistro de enterramentos ou sepulturas do cemiterio de San Mauro (1918-1943)

  • Data(s) 1918 - 1943 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro, soporte papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro rexistro de enterramentos ou sepulturas de datas comprendidas entre 1918-10-23 1943-12-30
    Índice:
    1918: folio 4 a 11
    1919: folio 12 a 24
    1920: folio 25 a 40
    1921: folio 41 a 54
    1922: folio 55 a 67
    1923: folio 68 a 81
    1924: folio 82 a 96
    1925: folio 96 a 106
    Consta no documento: "Este folio debe estar a 30 folios pasados"
    1930: folio 107 a 108
    1925: folio 109 a 113
    1926: folio 113 a 125
    1927: folio 125 a 140
    1928: folio 141 a 154
    1929: folio 154 a 167
    1930: folio 167 a 178
    1931: folio 179 a 193
    1932: folio 193 a 207
    1933: folio 208 a 223
    1934: folio 224 a 241
    1935: folio 241 a 257
    1936: folio 257 a 279
    1937: folio 279 a 298
    1938: folio 298 a 316
    1939: folio 316 a 335
    1940: folio 336 a 352
    1941: folio 352 a 369
    1942: folio 369 a 384
    1943: folio 385 a 397

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición